3rd Rock-A-Billy Boogie Night: Graham Fenton + Wild Rooster + May Thai & Los Torino Rockets

Xaneiro 26, 2013

Sala Capitol
Concepción Arenal, 5
Santiago de Compostela

Entrada Adiantada: 18€ / Taquilla: 20€
A Reixa Tenda e Mercromina Rock Bar (Santiago D.C), Babia Café (Milladoiro),
Bobber Café (Bertamiráns) e Bar Princesa (Vigo). Tamén Venda On Line en Ticketea.es

O Sábado 26 de Xaneiro celebrarase en Santiago de Compostela a 3ª Edición do Festival Rock-A-Billy Boogie Night. A cita terá lugar na Sala Capitol a partir das 20.30h e contará coas actuacións de May Thai & Los Torino Rockets (Rock & Roll desde A Coruña), Wild Rooster (Potente Banda Sueca de Teddy Boy Rock & Roll) e como cabeza de cartel, este ano contaremos coa presenza do Británico Graham Fenton (Líder e vocalista da Banda “Matchbox”, referente do Rock & Roll con máis de 30 anos en activo, máis de cinco millóns de discos vendidos en todo o mundo e intérprete de Hits coma “Rockabilly Rebel”, “Midnight Dynamos” ou “Buzz Buzz A Diddle It”. Rock & Roll e Rockabilly sen concesións desde U.K.). Entre actuación e actuación o coñecido Dj Compostelán Rafa Morcego (A Reixa) amenizará o Festival servindo Exquisitos Pratos de Rock & Roll.

As Entradas Adiantadas pódense adquirir por 18€ en A Reixa Tenda e Mercromina Rock Bar (Santiago D.C.), Babia Café (Milladoiro), Bobber Café (Bertamiráns), Bar Princesa (Vigo) e Ticketea.es (Venda On Line). A Entrada en Taquilla terá un prezo de 20€.

AXENDA

Facebook

20:30h.
Sala Capitol. Santiago de Compostela.
18 / 20 €