No concerto participarán o humorista Carlos Blanco, a contacontos Paula Carballeira, o actor Suso Cortegoso, e os músicos Davide Salvado, Quim Farinha (Berrogüetto, entre outros proxectos), a cantante galego-palestina Najla Shami e Héctor Lorenzo.
A recadación do concerto irá íntegra para o Refuxio
Desde o martes 20 hai unha mesa informativa na Casa das Crechas
O Refuxio de Animais de Bando abre as súas portas no ano 2005 e, desde entón, pasaron polas súas instalacións centos e millares de animais de todo tipo (cans, gatos, porcos, esquíos, ocas). Todos eles tiveron que sufrir a experiencia de sentirse abandonados ou perdidos nalgún momento das súas vidas, algúns mesmo desde o momento do seu nacemento. No voluntariado de Bando estivemos a realizar varias actividades durante os últimos anos, co único fin de dar saída a estes animais e de poder ofrecerlles a mellor das vidas; ademais de achegar á sociedade un problema aínda vixente, como é o abandono e a tenencia irresponsábel dos animais.
Compostela, 26 de novembro de 2012. Mañá martes 27 de novembro celebrarase na Casa das Crechas a terceira edición do Cancerto Solidario polo Refuxio de Bando, cuxa recadación (entrada de 5 euros) irá destinada enteiramente ás actividades deste centro de acollida de animais.
Ademais, desde o martes 20 até o 27 haiunha mesa informativa sobre o Refuxio de Bando no local das Crechas, de 20 a 22 horas, onde se informa dos distintos xeitos de colaborar co Refuxio e se venderá merchandising: camisolas, gorras, mochilas, broches, xoguetes para gatos, postais, lotaría, calendarios, etc. Alguns dos artigos á venda están realizados por voluntarias.
Ademais, o día do concerto sortearanse 3 apadriñamentos/amadriñamentos entre o público segundo os números de entrada premiados.
O Refuxio de Animais de Bando abre as súas portas no ano 2006 e, desde entón, pasaron polas súas instalacións 8.200 animais de todo tipo (cans, gatos, porcos, esquíos, ocas). Todos eles tiveron que sufrir a experiencia de sentirse abandonados ou perdidos nalgún momento das súas vidas, algúns mesmo desde o momento do seu nacemento. No voluntariado de Bando estivemos a realizar varias actividades durante os últimos anos, co único fin de dar saída a estes animais e de poder ofrecerlles a mellor das vidas; ademais de achegar á sociedade un problema aínda vixente, como é o abandono e a tenencia irresponsable de animais.
Desde 2006 é unha Fundación de carácter municipal sen ánimo de lucro. O seu fin é a recollida de animais abandonados e tentar darlles un bo fogar de forma definitiva, así como concienciar á poboación das características e necesidades dos animais domésticos. Os ingresos que permiten levar a cabo a nosa actividade proveñen duns ingresos fixos achegados polos concellos cos que ten convenio a Fundación: neste momento Santiago de Compostela, Ames, Vedra y Teo. Sen embargo, os custes son superiores e é grazas aos ingresos variables que podemos alimentar coidar e tratar aos animais que residen no Refuxio.
A capacidade do Refuxio está máis que duplicada, residindo permanentemente case 600 animais sen ter en conta os que están en casas de acollida de voluntarios e colaboradores.
Actualmente entre 20 e 25 persoas fan tarefas de voluntariado como apoio ao Refuxio de Bando. Os seus obxectivos son:
potenciar as adopción fronte á compra de animais
promover a posibilidade de facerse socios do Refuxio, mediante o pagamento dunha cota anual
promover os apadriñamentos/amadriñamentos: págase unha cota de 50€ polo animal apadriñado e a parte de poder ir pasealo os fins de semana, recébese información periódica do mesmo
potenciar as casas de acollida para os animais máis vellos ou máis necesitados dos que, dado a súa circunstancia, o viver no Refuxio fai empeorar a súa saúde.
a tenencia responsable de animais de compañía , o que implica: non abandono, bo trato e castración para evitar camadas non desexadas.
colaborar como voluntario de moitas formas posibles: doar penso, latas, achegas económicas, doar obxectos para o mercadillo solidario, mercar lotería e calendarios, etc.
A recaudación do cancerto irá destinada a:
Necesidades diarias: alimentar diariamente ao excedente de 300 animais que residen o o Refuxio (a capacidade real é duns 250), grazas ao diñeiro das actividades e a colaboración cidadá pode manterse a eses animais para aumentar a súa posibilidade de ser adoptados.
Analíticas e alimentación específica para algúns animais enfermos.
Compra de camas de fibra de vidro (saen por uns 50 euros cada unha e necesitamos 81)
Posta de telladiños en instalacións exteriores
Compra dunha furgoneta para facer actividades e transporte de material e animais
Entre os proxectos que está a desenvolver o Refuxio, destacamos os seguintes:
Terapia asistida con animais: levamos desde a apertura co Grupo SARELA (asociación de dano cerebral), tivemos un primeiro contacto coa Residencia de anciáns de S. Lázaro e co psiquiátrico de Conxo. Sería necesario un medio de transporte.
Canderismo: Sendeirismo con Cans do Refuxio.
Os segundos sábados de cada mes estan na antiga caseta de Turismo situada na Praza de Galicia, alí informan ao cidadán do seu traballo, formas de colaboración co Refuxio, levan animais que están listos para ser adoptados, véndese material da fundación…..
Saídas informativas con cans en adopción outros sábados do mes no Toral, en Bertamiráns…..
“Minicamiño” dende o Refuxio seguindo o último tramo do Camiño de Santiago até a Praza do Toural, xa é a 3º edición.
Mercadillo Solidario de Nadal, grazas á aportación cidadá de material para a venta e obtención de ingresos.
“Cancerto Solidario”, esta é a 3º edición.
Destacamos as inciativas de colexios e asociacións, nas cales, levaron a cabo mercadillos solidarios e recolectas de material e donacións para o Refuxio.