2uS

Maio 24, 2013

2uS presenta “DOUS” no Auditorio do Concello de Vigo

Debo recoñecer a miña debilidade ou boa predisposición cara a proxectos coma este, feitos con calma, agarimo e sen prexuízos para que sexan degustados do mesmo xeito. 2uS é a unión da guitarra eléctrica de Pablo Carrera (de Doutor Harapos) e o clarinete de Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, OMEGA, Banda Crebinsky …) que se presentou hai uns anos co álbum “Só son sons”. Mais 2uS non son sempre 2, pois ás veces son 3, como vimos no Festival SinSal de San Simón no 2011, ou 4, co percusionista Marcos Vázquez e Pablo Pérez agora no contrabaixo.

Desde o sur de Pontevedra e de proxectos ben diferentes, estes músicos arrédanse de teorías para unirse instrumentalmente e ir deixando pingas máis ou menos abondosas de jazz, funk, pop, música contemporánea, world music con arumes africanos, caribeños ou orientais … segundo pidan o ánimo ou o momento. Así, “Bossanossa”, “Swingprovisando” ou”Voar” resultan títulos ben significativos. Con elegancia, sen brusquedade nin elitismo, pasan do acústico ao eléctrico, da tranquilidade e a calma de “Madurando” ao suave baile de “Abanea”, por citar dúas das máis xeitosas composicións. Asemade, son quen de ofrecer momentos de desacougo ou experimentación con melodías menos claras ou asequibles, como en “Mar de soños”. Porén, todo está sempre ao servizo das sensacións.

“Dous” contén 11 pezas instrumentais xenerosas en melodías relaxantes e detalles que animan a volver escoitalas. Aínda que soe a tópico, trátase dun disco ideal para deixarse levar, pois ao longo dos seus 50 minutos xa te viches no norte de África, centroamérica, Brasil ou Europa, un club de jazz dos anos 20-30 e o manouche .. e mesmo puideches quedar totalmente atrapado por un arrolo tan suave como o de “Mateo”, como foi o meu caso. Un deses álbumes cheos de encanto que descubrirás ás orellas abertas e apreciarán os ouvidos sensibles. E para os ollos, un bonito deseño e ilustracións no digipack por Olalla Fernández.

Pepe Cunha, 4-setembro-2012
http://soundcloud.com/fernando-abreu-fern-ndez

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Auditorio municipal do Concello de Vigo
7 €