2nd Rock-A-Billy Boogie Night

Xaneiro 21, 2012

Discoteca Sarela, Rúa da Codeseira de Vidán, nº3
(Ao lado do Hospital Clínico Universitario) Santiago de Compostela

Entrada Adiantada: 20€ / Taquilla: 23€
A Reixa Tenda e Discos Gong (Santiago), Babia (Milladoiro), Bobber Café (Bertamiráns) e Bar Princesa (Vigo)
Tamén en Tiketmaster, Kioskos Carrefour, Halcón Viajes e demáis puntos de venda de Ticketmaster

O sábado 21 de Xaneiro celebrarase en Santiago de Compostela a 2ª Edición do Festival “Rock-A-Billy Boogie Night”. A cita será na Discoteca Sarela a partir das 17.00h e contará coas actuacións de The Kanaloas (Surf’n’Roll desde A Coruña, presentado o seu disco “Quasimoto Stomp!”). Desde Madrid achegaránse ao festival Teté y Los Ciclones (Banda de Rock’n’Roll liderada por Teté Delgado). Como cabeza de cartel contaremos coa presencia de The Caravans (Rockabilly e Psychobilly sen concesións desde Portsmouth, UK) e Furious (a última sensación da nova fornada de Teddy Boy Rock’n’Roll dende Liverpool, UK).

A Discoteca Sarela está situada na Rúa da Codeseira de Vidán, nº3 (ao lado da rotonda do Hospital Clínico Universitario) e dispón dun amplio aparcamento privado.

Ás 18.00h comezarán os concertos e entre actuación e actuación amenizarán o Festival diferentes DJ’s coma “DJ Rafa Morcego”, “DJ Juanillo is Hang Over” e “Plástico Elástico DJ”. O festival prolongaranse ata altas horas da madrugada… Ademáis, durante todo o acto haberá diferentes Stands, Postos de Merchandising e sobre todo Moito Rock And Roll.

A entrada custará 20€ adiantada e 23€ en taquilla. Pódese adquirir en sitios físicos coma A Reixa Tenda e Discos Gong (Santiago D.C.), Babia (Milladoiro), Bobber Café (Bertamiráns) e Bar Princesa (Vigo). Tamén On Line na Rede Tiketmaster, Kioskos Carrefour, Halcón Viajes e demáis puntos de venda de Ticketmaster.

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
17:00 h.
Discoteca Sarela, Santiago de Compostela.
20 / 23 €