21.00 Sofía Viola (cantautora) + Megapurple Sex Toy Kit (rock psicodélico) –

Agosto 15, 2019

nota:

O Feito a Man acolle concertos da arxentina Sofía Viola e Megapurple Sex Toy Kit

9. Máis de 50 espectáculos e 40 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Estes son os artistas que participarán mañá:

SOFÍA VIOLA (Arxentina – cantautora)

Sofía Viola é cantante, compositora, actriz, bordadora, dun inxenio desbordante. Cun estilo arrabaleiro, rockeiro, tropical e antigo, e 29 años, compuxo máis dun centenar de cancións con ritmos musicais de raíz latina e jazzera. Acompañada pola guitarra e o charangón e afín ao seu estilo nómade, recorreu o interior de Arxentina e os países veciños como Chile, Uruguay, Bolivia, Perú, Brasil, Colombia, para logo saltar o gran charco presentándose en Europa onde tocou en Pirineos Sur, Zaragoza, Madrid, Barcelona e Berlín. En todo o seu recorrido foi recibida e adorada por audiencias de todas as idades. Ver a Sofía Viola en vivo é sempre sorprendente, co seu humor ácido que brota naturalmente, ten un talento escénico posto ao servicio da canción de autor con toque indiefolk en tangos, milongas, cumbias, vallenatos, boleros, blues, entre tantos outros ritmos que absorbe e compón.

MEGA PURPLE SEX TOY KIT (Galicia – rock psicodélico)

Mega Purple Sex Toy Kit fórmase en 2003 a partir das cinsas de varios grupos galegos de influencia sesenteira. Emilio Prieto (batería), Marcos Santomé (baixo), Uxío Solla (guitarra), Fernando Vilaboy (Hammond) e Alfonso Espiño (voz), enseguida revolucionaron o panorama mod e psiquedélico estatal co seu aplastante directo, a súa imaxe impactante e as súas cancións enérxicas e directas, inspiradas nos primeiros Deep Purple, Pink Floyd ou Black Sabbath. Comezaron a xirar por Galicia e España, acudindo ós festivais máis senlleiros do movemento sixties, coma o Wet Dream (Valladolid, 2004), Euroyeyé (Xixón, 2005, compartindo cartel con The Yardbirds), Shake & Vibrate (Ourense, 2005) ou Purple Weekend, (León, 2005, compartindo cartel con The Zombies). Na Semana Santa de 2006 actuaron no festival Le Beat Bespoké de Londres, xunto con The Horrors, The Remains e The Lyres, entre outros. Ó regresaren a España, e no apoxeo da súa carreira, materializouse a separación da banda orixinal. Ó ano seguinte produciuse a primeira das reunións do grupo, que dende entón con Ramón Saleta á batería, converte estas xuntanzas en eventos ocasionais. A banda, xa considerada de culto en certos círculos, publicou o seu primeiro LP en xaneiro de 2018.

Feito a Man 2019

Polo Feito a Man deste ano pasarán case 50 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional galega… E tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré.

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais

Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros.

Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.

21:00 h.
Praza de Cervantes, Santiago de Compostela
De balde.