17ºRibeira Sacra Festival: M Ward + The Wellgreen + Os amigos dos Músicos + Sumrrá + The Magic Numbers + IvánFerreiro + …

Xullo 29, 2017

nota:

Delicatessen no 17º Ribeira Sacra Festival

Do 28 ao 30 de xullo en Sober e Monforte de Lemos

Celebra a súa primeira edición do 28 ao 30 de xullo en diferentes espazos de Sober e Monforte de Lemos. O 17º Ribeira Sacra Festival promove un evento no que a música semella unha excusa, boa iso si, para descubrir a zona. Ou redescubrila con outros ollos. Haberá moita música ao vivo, con The Magic Numbers, Iván Ferreiro, M. Ward, Novedades Carminha, Ángel Stánich, The Wellgreen, Sumrrá, Virginia Maestro, Os Amigos dos Músicos, Germán Díaz, Best Boy e Pardo, entre outros. Concertos en adegas, miradoiros, igrexas e tamén no catamarán. E algunha que outra delicatessen.

A bordo do catamarán Si, un catamarán polo Canón do Sil, no que poder escoitar a Virginia Maestro cantando o seu disco “Bluebird” (sabado 29 de xullo, 16:30h e domingo 30 de xullo, 12:00) dentro do 17º Ribeira Sacra Festival. Ou ir á igrexa de San Xulián de Lobios a BSO é de Sumrrá Gozar de Sumrrá (sábado 29 xullo, 18:00), o grupo de jazz máis internacional de Galicia, neste exemplo de tardorrománico na Ribeira Sacra. Un escenario con capiteis decorados con motivos animais e vexetais e pinturas murais datadas nos séculos XV e XVI. E se chegas media hora antes do concerto, podes asistir a unha visita guiada.

En Gundivós, con Germán Díaz

E seguindo con delicatessen no 17º Ribeira Sacra Festival, na Reitoral de Gundivós (Sober), o 17º Ribeira Sacra Festival suma valiosos activos e atractivos : a sabedoría e sensibilidade de Elías González, que mantén viva esta alfarería do viño coa súa característica cor negra, a delicadeza musical do zanfonista Germán Díaz e a proposta gastronómica do restaurante O Curro da Parra para un aperitivo inesquececible o domingo 30 de xullo. Ás 12:00 visita guiada con Elías González a este centro de alfareiría e ás 13:00 concerto de Germán Díaz acompañado de sopa fría de hortalizas e froitas de tempada, ensalada de capón escabechado en ravioli e berenxena ao lume da cerámica de Gundivós, ceboliño e piñóns.

Germán Díaz leva anos amosando que a zanfona é un instrumento que se adecúa perfectamente á música contemporánea. Con resultados brillantes. Hai anos que cambiou a paisaxe de Castela pola de Galicia. A música vénlle de familia, con dúas avoas pianistas e un tío chamado Joaquín Díaz, posiblemente o etnógrafo e folclorista máis reputado da península.De Germán Díaz dixo o crítico de jazz Pablo Sanz, que é como o “Jimmi Hendrix da zanfona, ou o Miles Davis do noso folclore”.

O Curro da Parra, cociña de autor na área gastronómica do 17º Ribeira Sacra Festival

Non só en Gundivós con Germán Díaz. O Curro da Parra dirixe as áreas gastronómica do festival. Unha cociña divertida e chea de sabor. O equipo do Curro da Parra, un dos restaurantes galegos que mellor representa a tradición renovada. Situado en Santiago de Compostela desde 2011 co chef Alén Tarrío ao fronte da cociña, o restaurante O Curro da Parra levará á Ribeira Sacra unha proposta gastronómica en liña coa súa filosofía; cociña de mercado, galega si, pero cun toque actual. As áreas gastronómicas do 17º Ribeira Sacra estarán situadas nas Bodegas Regina Viarum en Sober o sábado 29 de xullo a mediodia e na contorna do Parador de Monforte de Lemos, o mesmo día na noite.

Como será a proposta do Curro da Parra para o 17º Ribeira Sacra Festival? Con algunhas adaptacións tanto ao formato festival como á contorna da Ribeira Sacra, a cociña do festival seguirá as súas liñas de traballo: produto local, en boa parte ecolóxico e sempre de tempada, para unha cociña de raiz tradicional e galega na que non falta un toque de fusión. “Un mollo “pico de galo”, un ají-amarelo, o kimchi, … son algúns exemplos que se poden ver nun bacallau, un xurel ou unha costela nas nosas cartas. Aínda que prime o carácter Atlántico, tamén pode haber influencias mediterráneas”, explican Alén Tarrío, chef do restaurante O Curro da Parra.

17º con dúas caras: día e noite

No festival, que arranca o venres 28 de xullo cun concerto de Pardo no espectacular Miradoiro de Santiorxo, están confirmados para o sábado 29 The Wellgreen, Ángel Stánich, Sumrrá, Virginia Maestro, Os Amigos dos Músicos e para o domingo 30 Germán Díaz e Best Boy. Un cartel que combina a presenza de artistas internacionais recoñecidos cos últimos fenómenos da escena española, sumando unha importante presenza de artistas galegos. Un dos obxectivos do 17º Ribeira Sacra é ofrecer ás bandas do país un escenario irrepetible para a súa proposta.

A música soará nas adegas, miradoiros, igrexa, catamarán, etc, durante o día, trasladándose o festival o sábado 29 a partir das oito da tarde ao exterior do Parador de Monforte de Lemos, onde The Magic Numbers -unico concerto en España-, Iván Ferreiro, Novedades Carminha e Los Árboles, protagonizarán o 17º Ribeira Sacra Noite.

AXENDA

Facebook

distintas localizacións da Ribeira Sacra.