100 Voltas

Xullo 28, 2023

Se hai un nome que representa a tradición galega na emigración é o das cantareiras e pandeireteiras Ialma, onde Verónica Codesal é voz protagonista. Os seus pais emigraron nos 70 a Bélxica, onde naceu, vive e traballa en diferentes proxectos nos que sempre están presentes a súa inspiración e raíces galegas. Hai vinte anos esta galego-belga formaba parte de Urban Trad, a banda que acadou o 2º posto en Eurovisión 2003 coa canción “Sanomí”. Alí estaba o acordeonista Didier Laloy, que seguiu a colaborar con ela até o día de hoxe e que canda o violinista Damien Chierici forman as 3 patas deste novo tallo.

100 Voltas é unha proposta de música folk que parte da raíz galega e se fusiona con ritmos do mundo grazas á versatilidade destes músicos aos que se une nas percusións o tongoleño Boris Tchango. Engaden unha dose comedida de arranxos electrónicos e Verónica canta letras propias (“Toxicity” é un acerto) e de poetas galegas que poñen o feminismo nun lugar principal: Lucia Aldao en “Maneo das Amigas” e “Nós”, Yolanda Castaño en “Reaprender a sair” e Rosalia Fernández Rial en “O tempo”, ademais de Brais Fernandes no adianto do disco: “Cachondemia”. Outra presenza salientábel é a de Mercedes Peón nos arranxos, voz e percusión de “Adios moreno”, un dos grandes momentos dun disco que fecha cunha reinterpretación da mencionada “Sanomi”, na que tamén participan Mercedes Peón e Yves Barbieux, co-compositor da mesma.

100 voltas combina dun xeito mesurado tradición e modernidade, cun resultado amábel, ben acaído para o público amplo de músicas máis recoñecíbeis, alegría e festa, pero que tamén pode resultar atractivo para outro máis exquisito, que aprecie esas pingas doutros estilos. Sen grandes sustos ou estridencias no musical e coa experiencia destes músicos non cabe dúbida de que funciona ben nos concertos, feito que nestes tempos talvez importe máis que vender discos. Porén, non deixemos de mercalos e apoiar o traballo que teñen detrás.

Pepe Cunha, 28-xullo-23

https://open.spotify.com/intl-pt/album/4DbdQi9Oe2iX9983bTl5Pl?si=6EKzKdEzTO-q_qyIlolRuA

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook