portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/08/2019
Xosé Miguélez "Ontology"
09/08/2019
Saen á venda as entradas para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar. 7 e 8 de setembro, Vigo. Con Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e ...
09/08/2019
O Festival Jazz de Ría confirma a programación da súa 3ª edición
09/08/2019
Silvia Penide "El efecto boomerang"
06/08/2019
A solidariedade e a presenza feminina transversal na programación, sinais de identidade do Revenidas 2019
06/08/2019
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo
o Fisterra Blues celebrarase do 28 ao 30 de xuño e participarán, entre outros, Los DelTonos, Morgane Ji e Víctor Aneiros


nota

O Fisterra Blues Experience regresa do 28 ao 30 de xuño nunha terceira edición na que presentamos desta volta tres dos protagonistas: a mítica banda cántabra Los DelTonos; o galego Víctor Aneiros; e a cantora da Illa de Reunión Morgane Ji.

Un adianto desta edición foi presentada esta mañá na lonxa de Fisterra, coa presenza de Javier Turnes, director artístico do festival; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Manuel Muíño, deputado da Deputación da Coruña.

Alén dos concertos, o festival volve apostar por unha interesante programación paralela con múltiples actividades, na que volveremos ter taller de baile, blues na escola, concertos en barco e máis actividades (tamén para nenos) que iremos desvelando ao longo das vindeiras semanas.

Los Deltonos é unha das bandas clásicas do rock peninsular que desta volta veñen cun novo disco inapelable de cancións máis que sólidas, macizas: ‘Fuego’ (2019). Fundados en 1986 en Muriedas, Cantabria, comezaron como trío pero xa desde 2003 se converteron nun cuarteto que ten publicado xa 14 discos. Definir a súa música é arriscado porque teñen innumerables influencias e matices, que foron evolucionando ao longo do tempo. Nos seus comezos foron considerados un grupo de rhythm and blues, pero foron incorporando sons próximo ao funk ou o power pop e dirixíndose cara un xénero coñecido como Americana, pero mantendo sempre un son propio e característico.

Víctor Aneiros pertence a esa raza de músicos que ao longo de varias décadas combinou sabiamente o sentimento blues coa enerxía rock alternando o galego, a súa lingua natal, o inglés e o castelán ao longo de oito discos, percorrendo practicamente todos os festivais tanto nacionais como europeos e realizando centos de actuacións nunha carreira chea de coherencia, sen máis concesións que as ditadas pola súa propio virtuosísimo como guitarrista e compositor. Un artista pioneiro dentro do xénero que soubo achegar as súas raíces e a beleza da poesía galega ao mundo dos doce compases para acabar perfilándose como unha das propostas máis consolidadas a nivel estatal a través das súas propias composicións.

Morgane Ji é o exemplo perfecto da fusión de múltiples culturas musicais. Desde a súa illa de Reunión natal chega esta artista con temperamento volcánico, con raíces misteriosas, africanas, índias e asiáticas. En canto ao seu estilo musical e enfoque estético, ninguén a deu metido aínda en ningún caixón, aínda que ten influencias de rock-pop, world music eelectrónica que combina á perfección cunha voz única: versátil, áspera, suave, animal. A raíña criolla, como a chama a prensa británica, parece posuír a clave dunha dimensión oculta que conecta o misticismo antigo coa tecnoloxía moderna. A súa forma de tocar o banjo é mística e guerreira. E o seu último álbum, "Woman Soldier”, encarna o espírito de loita dunha artista extremadamente independente e que rende homenaxe ás moitas batallas nas que participan as mulleres do mundo todos os días.

A terceira edición deste Fisterra Blues Experience está organizada polo Concello de Fisterra, coa colaboración da Deputación da Coruña.





Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo