portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
04/10/2019
Óscar Fojo "De ventos e lúas"
03/10/2019
"Liberar as arterias" será o título do vindeiro disco de SES
20/09/2019
Familia Caamagno “Había que intentalo”
o novo Budiño cumpriu na Sala Capitol, 15-marzo-2019


A compostelá Sala Capitol, probablemente a mellor sala de concertos do país, foi recinto ben axeitado para a presentación ao vivo da nova etapa de Budiño. Hai mes e medio comentabamos aquí “Fulgor”, o disco do cambio e que obviamente protagonizou o repertorio desta noite. Xosé Manuel Budiño estivo apoiado no palco por unha banda magnífica e coa presenza entre o público de moitas compañeiras de profesión e outras artes que non tiñan compromiso de seu esa noite. Había expectación por presenciar a primeira cita co Budiño máis pop.

Canda o “Pulso” impecable da base rítmica do disco -Ton Risco na batería e Fran Sanz no baixo-, a banda complétana Alex Salgueiro achegando moitos matices desde os teclados e efectos varios e Brais Morán á guitarra e coros. Precisamente Brais cantou coa banda unha das pezas do seu repertorio (“Cando imos para ese lugar”), ademais de acompañar e lembrar en dúo con Budiño ao teclado o querido Narf na marabillosa “Bos amores”. Canda esta e as outras nove cancións de “Fulgor” (“Obertura”, “Santiago”, “Fulgor”, “Frida”, “Poderosa”, “San Xoan”, “Sós”, “Boreal”, “Pulso”), recuperaron “Hoxe canto en libertá” e “Déixame adiviñar” do álbum “Sotaque” ou o “Aire do Cruceiro” do “Paralaia”, polo que non faltou unha gaita, ademais de varias frautas.

Como é normal, e sabendo que o son e a calidade musical non ían fallar, moita atención centrábase no Budiño cantante e “frontman”. Na voz estivo correcto, controlando a aprendizaxe recibida neste par de anos. Consciente de que está aínda comezando, non pode nin debe arriscar, así que cumpriu co agardado, que foi defender ben o disco. En canto á soltura á hora de enganchar co público, tras os nervios inicias era o día máis cómodo, xogando na casa, pero a suma de concertos será o único adestramento. Sopesando todo o conxunto, o primeiro paso nos palcos do novo Budiño foi firme.

Pepe Cunha, 17-marzo-2019





Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo