portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/09/2019
Familia Caamagno “Había que intentalo”
08/09/2019
Clubtura non está conforme cos horarios propostos pola Xunta no novo catálogo de actividades
10/09/2019
O Museo de Pontevedra acollerá nove actividades dentro do Cantos na Maré: de música a cine pasando por unha performance de Antón Reixa.
09/09/2019
Eels no Auditorio de Galicia, 8-setembro-2019
27/08/2019
A caboverdiana Mayra Andrade e Enredadas (Martirio, Uxía, Carmen París e Ugia Pedreira), primeiras artistas confirmadas no 15 aniversario de Cantos na Maré
22/08/2019
O Cantos na Maré regresa do 13 ao 15 de setembro para celebrar por todo o alto a súa 15ª edición
Vudú "Vol. III"


Cos medios xustos pódense facer cousas de calidade, ben dignas. Sempre e cando as ideas (neste caso cancións) teñan o seu aquel e o resultado estea ben rematado. Disto é un exemplo o “Vol. III” do proxecto de Belem Tajes (teclado e voz) e Maritxinha (baixo e loops). Só contaban con dúas coleccións máis breves (EPs) de cancións, algúns videoclips e, iso si, moitos concertos, pero sementaron sen présa nin pausa a súa boa sona. Até o punto de ser recoñecidas co Premio Martín Códax de Músicas ao Vivo na categoría de blues, funk, soul ... porque é a esas sonoridades onde levan versos tradicionais ou do folk. De aí a etiqueta de "soulk" que acompaña decote as súas mencións.

Neste "Vol.III" recrean “Eu chorar, chorei”, “Moreniña”, “Xa me dixo”, “Palmira”, "Corasón" ... con xeito e/ou "groove" e tamén saen airosas de daren outra vida a unha peza tan emblemática coma “Unha noite ...” de Chané sobre versos de Curros Enríquez ... .. Xa asinan temas propios que podemos tomar coma avisos de próximos movementos estilísticos. O exemplo máis claro é o achegamento ao hip-hop de "Coucou”, onde se acompañan dunha referente galega nese estilo coma Wöyza. En “Lingua” amosan sensibilidade e compromiso para coas linguas minorizadas e non podo deixar de salientar a sinxela e fermosa "Preludio de Lúa Awel", adicada á Lúa, filla de Ugia Pedreira e afectada de microcefalia e parálise cerebral.

Unha mágoa que a edición do disco non sexa o brillante que merece o contido, coa produción correcta por Nicolás Vieites e colaboracións ben atinadas, como o saxofón de Nata Álvarez en "Xa me dixo", as percusións de Adrián Seijas e as guitarras do propio Vieites. As Vudú teñen gusto, cantan e tocan moi ben, e por riba andan sobradas de encanto nos seus concertos. Coñecelas é querelas, parafraseando aquel “To Know Them is to Love Them” dos Teddy Bears de Phil Spector.

Pepe Cunha, 12-marzo-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo