portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
17/03/2019
o novo Budiño cumpriu na Sala Capitol, 15-marzo-2019
12/03/2019
Vudú "Vol. III"
11/03/2019
Óscar Quant presenta o seu libro "Bailando sobre el parqué"
25/02/2019
The Last Internationale "Soul on Fire"
20/02/2019
Ciclocéano “Líneas de meta”
19/02/2019
CUAC FM. Continua a disputa legal: A Xunta de Galicia presenta recurso de Casación ante o Tribunal Supremo
Los Radiadores "Puño en alto"


Cada vez é máis frecuente o lanzamento de mini-álbums ou EPs para conservar unha homoxeneidade que talvez se perda na espera de completar un traballo de longa duración. Ou tamén para alixerar a espera dun novo álbum. Pois se algo caracteriza este EP da banda valenciana liderada por Raúl Tamarit é a súa consistencia, o seu atrapar o momento. O cuarteto pon sobre a mesa catro cancións que non chegan a cadanseus catro minutos coa intención de sacudírmonos da apatía desta sociedade.

Letras e son alíanse nun material incisivo, contundente, directo, digna continuación do álbum "Los perros ladraron" (2016), do que se centran agora na versión máis punk-rock urbano. Se o último disco de The Clash ( obviemos "Cut the Crap" ) era "Combat Rock", o de "Puño en alto" é tamén rock combativo. E cumpría citar o cuarteto británico porque via eles atopamos a versión que pecha o EP: o "Police on My Back" de The Equals. Esta correcta "Policia detrás" sucede a unha canción máis predecíbel na marca da casa como "Si sale cruz" e dúas nas que confirman que tamén son quen de traballar arranxos máis complexos ou sorprendentes: "Vuelva usted mañana" e "Con el agua al cuello".

O difícil nestes casos é non caer no panfletario e Tamarit, El Joven, Sergio Domingo e El Metralla saen airosos do reto. Como (bos) aprendices dos clásicos, non queren tanto sorprender como construír boas cancións que defender ao vivo. Entregan un exercicio de sinceridade e madurez roqueira e acompáñano dunha portada estupenda da ilustradora Balbina Benito. Alto e claro.

Pepe Cunha, 14-febreiro-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo