portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/07/2019
Gilberto Gil, un grande que segue a impartir clase. Auditorio Mar de Vigo, 16/07/2019
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
o Revenidas desvela as primeiras confirmacións do seu cartel para este 2019


nota:

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición 9 ao 11 de agosto, anuncia as cinco primeiras bandas que formarán parte da súa proposta final: o punk do cuarteto sueco The Baboon Show, El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones, o poder feminista e reivindicativo de Flow do Toxo, o potentísimo punk e hard-core de Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

THE BABOON SHOW | Se hai unha banda que naceu para rachar con todo, esa é o cuarteto sueco The Baboon Show. Despois de conquistar media Europa co seu indescifrable punk, chegarán ao Revenidas cargados de enerxía e dispostos conquistar Galicia.

EL NIÑO DE LA HIPOTECA | El Niño de la Hipoteca (alter ego de Guiu Cortés) foi toda unha revolución no mundo da música e un dos pioneiros neste país, do formato artista multitareFa que se autoedita, autoproduce e autogestiona. É coñecido tanto polas súas ideas novas á hora de difundir a súa música como polas súas cancións. "O Neno" atopou un son centrado no rock en todas as súas variantes, cunha banda fixa de grandes músicos e cancións cada vez máis directas, ideal para cantar e bailar.

FLOW DO TOXO | Flow do Toxo son un grupo de mulleres que cantan para okupar escenarios e torreiros, espazos como tantos outros que lles foron arrebatados ás mulleres. Cantan para empoderarse e, aínda que non teñen estilo musical definido, posúen un discurso claramente feminista que nace no rural e bebe da tradición oral das súas anterdas, as súas bravas e referentes.

DESAKATO | Desakato nace no ano 2003 en Asturias cun estilo musical que oscila entre rockpunk e fussion xunto a un toque musical asturiano. Ao longo de todos estes anos conseguiron facer coas súas cancións un con frenético e contundente, e coas súas letras, unha forma de expresar as súas ideas e sentimentos. “Outro grupo con K”, pensarán os que aínda non os escoitaron… pero este sexteto parece fuxir dos cánones do rock estatal máis obsoleto e, disco a disco, vai marcando o seu propio camiño e dotando a cada un deles dunha personalidade propia forxada a base de directos, o seu punto forte.

LOS JINETES DEL TRÓPICO | Los Jinetes del Trópico nacen en 2015 coa firme intención de investigar os sonidos tropicais procedentes de latinoamérica e mesturalos coa nosa lingua e as nosas costumes. Nestes catro anos e medio teñen no mercado catro Eps e catro Singles, que misturan a cumbia, o reggaeton e as músicas tropicais con ventos e electrónica.
Entradas e actividades

A organización do festival está actualmente artellando unha programación cun potente contido cultural galego que abrangue diversas disciplinas, e sempre vencellado ás tradicións. Ademais, o “Festival das Linguas” aposta por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que incluirá máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas, e que se desvelará durante os próximos meses.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Tras esgotar a súa promoción inicial de lanzamento en 15 minutos, os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 29 € a través da páxina web www.revenidas.com.




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo