portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
14/06/2019
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.
01/06/2019
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz
07/06/2019
Holywater “Arboreal”
04/06/2019
Santero y los muchachos “Rioflorido”
Dead Combo no Selección Noroeste, Teatro Colón, A Coruña. 31-xaneiro-2019


O ciclo Selección Noroeste recibía no Teatro Colón a primeira actuación por estes lares da banda instrumental portuguesa Dead Combo. O recinto non podía ser mellor acaido para refuxiármonos dun temporal que invitaba a quedar na casa nunha noite de xoves. Un par de centos de persoas sabiamos que o esforzo pagaba a pena e saímos máis que reafirmados na nosa aposta. A fusión de estilos desde o rock e Lisboa xa ten un prestixio ben gañado.

Os cinco músicos rodéanse dunha posta en escena elegante e coidada, en especial coa iluminación e imaxes de fondo que acompañan nesta xira de presentación do seu último traballo discográfico: "Odeon Hotel". Canda o anterior "E as Cordas da Má Fama", o álbum recente, cheo de calidade e boa aceptación, protagonizou a maioría do repertorio. A primeira quenda totalmente: "Deus Me Dê Grana", "Mr. & Mrs. Eleven (For Aj)", "The Egyptian Magician (For Zé Pedro)", "As Quica As You Can". Visitaron entón o álbum anterior con "Rumbero", "Rodada" e "Cuba 1970", volveron a "Odeon Hotel" con "In a Mellotron" e nese momento quedaron soas as guitarras eléctrica e acústica para achegarse moito máis ao fado con "Esse Olhar que Era Só Teu" e "Povo que cais descalço".

Deseguido e xa de novo a 5 músicos, seguen completando unha secuencia ben escollida, onde recuperan temas máis antigas. Soaba magnífica esa conxunción das guitarras case sempre protagonistas apoiadas nun percusionista virtuoso e inquedo, contrabaixo e saxo impecabeis e detalles de teclado ou theremin. Para completar un concerto xeneroso en minutaxe, "Dear Carmen Miranda", "Menina dança", ... , "Theo"s Walking", "Lusitania playboys"- que foi do máis celebrado da noite, co seu vello aire jazzy e os solos de theremin, contrabaixo, batería...- , "Desassossego" con esa guitarra que tanto lembra ao Marc Ribot máis mestizo. ...

Os bises "Miúdas e motos" e "Lisboa mulata" puxeron a guinda a un pastel delicioso. Ingredientes variados, coidados e sorprendentes, sen necesidade de convencer con zucre e si con moito aire latino ben asimilado e reconstruído. Se sumamos a atractiva presenza e un son impecábel, temos o menú completo para un concerto a lembrar. Un deses que dan prestixio a un ciclo, neste caso a Selección Noroeste.

Pepe Cunha, 1-febreiro-2019






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo