portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/07/2019
Gilberto Gil, un grande que segue a impartir clase. Auditorio Mar de Vigo, 16/07/2019
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
Ilegales no Auditorio de Ferrol, 22-decembro-2018


Se na miña adolescencia, cando os primeiros álbums de Ilegales me voaban a cabeza, me din que os vería máis de 30 anos despois nun auditorio ... Eran un deses nomes transgresores, inquedos e non poucas veces incómodos que se situaban a un lado da “movida” e, en especial, en contraste cos grupos “bien” ou menos arriscados. Malia o seu discurso agresivo e o rock de guitarras afiadas, acadaron popularidade maior porque soaban nunhas radiofórmulas cuxa oferta parece marciana vista desde hoxe. Pasando unhas décadas de altibaixos, cambios, infernos persoais ... a banda seguiu aí, sempre co recoñecemento e respecto para con Jorge Martínez coma guitarrista e compositor; e, si, tamén, coma un personaxe que dá que falar.

Neste 2018 veñen de editar un álbum que nolos devolve aos seus mellores momentos, cunhas cancións directas e un discurso necesario entre abonda “ñoñería”, corrección ou indie vacuo. “Rebelión” tiña en Ferrol o seu sexto concerto de presentación, nun auditorio e, xa que logo, sen a distracción dunha barra. Como xa temos confirmado en concertos ao aire libre ou en salas, teñen himnos e actitude a esgalla para compracer a fans xa entregados, en pé e bebida en man, a eses que non entenden certos concertos con butacas. Como tampouco moitos entendemos a quen van a un concerto a falar as súas conachadas, como dicimos en Ferrol.

Así que desta vez tocaba en maior medida prestar atención e escoitalos. Si, iamos corear os retrousos e moitos bailarían nos laterais e no corredor central, pero Ilegales viñeron ante todo a tocar o mellor que poden e saben, a falar pouco e sen “baboseo” nos comentarios ao público. Até o punto de que Jorge Martínez non se dirixiu a nós até que levaban lanzados 6 canonazos dun total que superou os 30 !!! Guitarras, baixo, batería, teclados e voz soaron impecábeis, todo perfecto desde o principio, alto e claro, nítido como poucas veces conseguen as bandas nestes recintos. Cara ao final o propio o resumiu: “Esto sí es respetar al público.”

Asemade, tamén o foi o repertorio que ofreceron, cun repaso de case todos os himnos e o engadido necesario de media ducia de cancións do novo “Rebelión”, que entran sen calzador. Sumaron outra media ducia do imprescindíbel debut homónimo de 1982, sete de “Todos están muertos”, tres de “Agotados ...” e “Regreso al sexo ...”, así como paradas ben medidas en álbums non tan celebrados. Así até completaren un repertorio co que tocar diferentes gustos.

Persoalmente salientaría “Regreso al sexo químicamente puro”, “Voy al bosque fragrante y sombrío”, “Ángel exterminador”, “Me gusta como hueles”, “Enamorados de Varsovia”, “Hombre solitario”, “Tiempos nuevos, tiempos salvajes”, "Suena en los clubs un blues secreto" ... pero todas brillaron cun son impresionante. Si, estaba alto, pero todo se distinguía. E se alguén agardaba comentarios lapidarios de Martínez, puido celebrar referencias concisas e claras sobre a lei mordaza, a censura do incorrecto ou incómodo, a reivindicación da arrogancia do roqueiro... “Ilegales” ... e necesarios.

Pepe Cunha, 23-decembro-2018

Repertorio (algunha pode que me escape ;-) ):

-No tanta, tonto
-Hola, mamoncete
-Ella saltó por la ventana
-Suicida
-Suena en los clubs un blues secreto
-Agotados de esperar el fin
-Todo lo que digáis que somos
-Voy el bar
-El norte está lleno de frío
-Enamorados de Varsovia
-El bosque fragante y sombrío
-Chicos pálidos para la máquina
-Yo soy quien espía los juegos de los niños
-Si la muerte me mira de frente, me pongo de lao
-Ángel exterminador
-Hacer mucho ruído
-Mi amigo Omar
-El demonio
-Regreso al sexo químicamente puro
-Me gusta como hueles
-La casa del misterio
-Mundo carapijo
-Eres una puta
-Si no luchas te matas
-Soy un macarra
-Tiempos nuevos, tiempos salvajes
-Dextroanfetamina
-Bestia bestia

Bises:
-Los chicos desconfían
-Hombre solitario
-Problema sexual
-Destruye




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo