portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
21/11/2018
Sumrrá "Seis mulleres"
16/11/2018
María Arnal i Marcel Bagés no Teatro Colón, 15-novembro-2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo


nota:

A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música.

As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro.

Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais centradas en diversos conceptos e disciplinas musicais. Artistas dun prestixio indiscutible compartirán os seus coñecementos durante as mañás do 11 ao 13 de decembro na Escola Municipal de Música. Xabier Díaz, Luis Pastor , Sumrrá e Narci Rodríguez serán os responsables destas formacións sen custe ningún.

As tardes do 10 ao 14, entre o Centro Cívico da Cidade Vella e o Garufa Club acollerán charlas formativas sobre diversos aspectos relacionados cunha carreira musical: facturación, relación cos medios de comunicación, elaboración dun rider técnico, planificación estratéxica…realizados por profesionais do sector como Patricia Hermida, Diego Basadre ou Manuel Alonso.

Ademais haberá interesantes charlas sobre o impacto e posibles consecuencias do Estatuto do Artista, sobre os medios de comunicación e a súa responsabilidade co sector musical ou sobre políticas culturais no concello de Coruña. Haberá tempo tamén para unha charla entre os premios honoríficos dos Premios Martín Códax da Música da cidade herculina.

Abrirase un censo online para proxectos musicais de Coruña e contorna que estean en activo, unha importante ferramenta que xa demostrou a súa utilidade en outros concellos galegos. E terán lugar “speedmeetings” entre músicos e programadores.

Tamén está confirmada a presenza de Juan Pérez-Fajardo, considerado “o gran fotógrafo do rock and roll en España”, que achegará do 13 de decembro ao 6 de xaneiro á Casa Museo María Pita a súa exposición Soundtrack sobre fotografía musical. Ademais dunha visita guiada pola exposición, impartirá unha charla sobre a importancia da imaxe para os artistas.

O sábado 15 será un día de celebración da música na rúa en horario de sesión vermú. Unha homenaxe a discos Portobelo e Jazz Filloa con pasarrúas musical e máis sorpresas.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo