portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/07/2019
Gilberto Gil, un grande que segue a impartir clase. Auditorio Mar de Vigo, 16/07/2019
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
María Arnal i Marcel Bagés no Teatro Colón, 15-novembro-2018


Nun panorama independente abondoso en hypes e fórmulas repetidas, o álbum “45 cerebros y un funeral” (canda o seu predecesor "Verbena") é unha rara avis que dá gusto celebrar. Son casos contados o dos discos que acaden unha cota tan sobresaínte de aceptación cando apostan polo compromiso e a experimentación. Porén, este dúo faino cunha calidade interpretativa e unha valentía moi por riba da media. As críticas colleitas e ano e medio de xira polo mundo adiante avalan o traballo no estudio e a súa defensa enriba do palco.

Onte asistiamos ao penúltimo concerto dunha xira que xa nolos trouxera, con repertorio algo reducido, ao Festival do Norte e ao Castelo de San Antón. O éxito desta última axudou a que repetisen só tres meses despois no Teatro Colón, sen reducir contido e dentro da Selección Noroeste Outono. Desde que abriron con “45 cerebros y un corazón” até o peche nos bises con “A la vida” era tarefa case imposíbel non quedar atrapado pola voz de María, as guitarras e os efectos de Marcel e o traballo exquisito do seu técnico de luces.

Durante case hora e media xogan co minimalismo, o (re)coñecemento da tradición oral e do cante, a combinación de ideas vellas e novas, do presente coa electrónica ... e terminan de captar a atención cunhas presentacións sinxelas. Pasan con soltura do máis acústico ou contido (“Ball del vetlatori”, “Bienes”, "Cançó de Marina Ginestà", "Cançó del taxista" ...) ao máis abertamente ruidoso e rabioso (“La gent” e o seu mantra, “Jo no canto per la veu”, “No he desitjat mai cap cos com el teu” ...) e contan con pezas que enganchan desde a primeira escoita, coma as celebradas “Canción Total”, a marabillosa “Tú que vienes a rondarme” e a nova “Big data”, froito da súa relación coas redes sociais durante esta xira.

Agardamos un segundo traballo no que confiamos aínda que o listón estea moi moi alto.

Pepe Cunha, 16-novembro-2018




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo