portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
21/11/2018
Sumrrá "Seis mulleres"
16/11/2018
María Arnal i Marcel Bagés no Teatro Colón, 15-novembro-2018
Santi Araújo "Catedral"


Pasaron xa 7 anos do único álbum de La Familia (“Esto es normal”, Ernie 2011), a banda coa que aquí coñecemos este vocalista e guitarrista de Ponteareas. Disque Araujo estivo 5 anos sen escribir cancións e acumulou vivencias e sensacións abondas que, coma tantos, necesitaba expresar dun xeito artístico; a modo de terapia emocional. A súa canle son as cancións, así que se puxo ao labor e da produción que agromou escolleu as cinco deste debut baixo o seu propio nome.

Se con La Familia as letras eran costumistas, sobre cousas do cotiá e cun punto marcado de (intencionada) inocencia, agora a madurez e un momento vital de illamento e reflexión lévano a facturar exercicios de honestidade e transparencia emocional. Desde o máis íntimo, canta sobre olladas propias ao pasado e o futuro, o lume do amor, o destino, o recoñecemento da complexidade dun mesmo, a autoestima ...

Non obstante, as diferencias co seu pasado musical son cativas, pois segue a tirar do vestidor do folk-rock alternativo de corte americano. Coma orientación, e con pouco lugar a dúbida, a nota de prensa menciona un amplo espectro: de Wilco a Father John Misty pasando por Iron & Wine, Devendra Banhart, Townes Van Zandt. Iso si, os tiros van máis por proxectos "unipersoais" que de bandas: no anglosaxón, uns George Harrison ou Elliott Smith; e no español, pois Jero Romero, Xoel López, Jacobo Serra.

Si, por aí se move este “Catedral”, así que dálle un par de probas a estes 23 minutos de sinceridade; tanto se tes querenza polas referencias coma se non. As confesións están ben encauzadas e construídas coma cancións, o de verdade importante. Ademais, o segundo envoltorio, o formato físico, é un vinilo de 10 polgadas + CD. Proxectos tan íntimos poden chegarnos ou non, pero a súa valentía merece ese chisco de atención.

Pepe Cunha, 12-novembro-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo