portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/11/2018
Santi Araújo "Catedral"
29/10/2018
Anxo Lorenzo "Vórtex"
28/10/2018
Jane Birkin engaiola interpretando Gainsbourg no ciclo Voces, Pazo da Cultura de Pontevedra, 27-out-2018
26/10/2018
reedición 50º aniversario do álbum "The Kinks Are the Village Green Preservation Society"
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
Anxo Lorenzo "Vórtex"


Tras presentalo ao vivo en festivais importantes do circuito folque en Europa ou Sudamérica, chega o cuarto disco do moañés Anxo Lorenzo, un dos nosos gaiteiros máis internacionais, por actuacións de seu e colaboracións. Nesas viaxes coñeceu moitos dos participantes neste “Vórtex” gravado en Escocia, Irlanda e Galiza: Jarlath Henderson, Blackie O’Connell, Ross Ainslie, Andy May, Germán Díaz ... e en especial o violinista irlandés Eoghan Neff, membro tamén da súa banda ao vivo.

Segue levando a gaita galega polo mundo cun tratamento nada purista ou restritivo, preferindo as fusións tanto nos temas propios como nos arranxos de temas galegos. Entre estes, “A Laranxeira” ou “A Barroca”, interpretada a cargo de catro tipos de “bag pipes” (Uileann pipes, Northumbrian pipes, Small pipes e gaita galega). Tamén salientaría a canción que abre o disco, “Silviris“, ou “Berobreo Blues”, ambas asinadas por un Lorenzo que tamén se loce nun moi presente low whistle.

Non fallan algunhas programacións electrónicas que lembran aquel primeiro “Spiritu 986”, pero o disco ten máis a ver cos posteriores “Tirán” e “Confuxón”. Seica quería ofrecer un disco variado, colorido e aberto, mesmo internacional, para o que traballou con varios produtores e moitos colaboradores. Se pensamos que apenas pasa da media hora sumando os 10 cortes, podemos dicir que o disco é deses de "o bo se breve .." e ademais resulta asequíbel para os públicos que se achegan ao folque moi de cando en vez.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo