portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/07/2019
Gilberto Gil, un grande que segue a impartir clase. Auditorio Mar de Vigo, 16/07/2019
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018


O trío formado hai 20 anos polo guitarra e voz David Tattersall, o baixo Franic Rozycki e o batería Jonny Helm opta probablemente ao título de banda máis prolífica da actualidade. Sen ir máis lonxe, estań a presentar cancións do que será o seu segundo álbum neste 2018. Con eles, o álbum por ano (pasan dos 15) está asegurado, así como os concertos constantes e non poucos singles, EPs e demais curiosidades. Está claro que o seu non son as grandes producións, senón o chamado “lo-fi” e o libre albedrío discográfico.

Escoitalos é lembrar o pop-rock dos Modern Lovers, Hefner, Herman Dune ... e esa lírica do cotiá, das relacións de amizade e amor, desde a naturalidade de tomarse unhas cervexas e falar dalgunha vivencia e recordos, lonxe de calquera pose pretenciosa. Son coma colegas de toda a vida que non te van impresionar, que contan nas súas cancións o que nos pasa a tod@s, coa súa dose de ironía, e dando prioridade a actitude por diante da técnica. Porén, isto non quere dicir que os seus instrumentistas, en especial o guitarra, non teñan os seus momentos brillantes malia a sinxeleza aparente. Por riba de modas e sen facer brincadeiras, eles pásano ben “en pandilla” e iso coloca o sorriso no público. E as cancións dan ganas de reescoitalas coas letras diante, pero a memoria non me da para lembrar todos os títulos.

Do vindeiro disco, segundo deste 2018 e que se vai editar en novembro, presentaron “Look Inside Your Heart”, “Goodbye Spiderman”, “Roosevelt Sykes”, “Shelly” ... ; co último e máis “bluesy” ou introspectivo “Brushes With Happiness” puxeron a parte máis contida e desafiaron o mur, murio habitual nos concertos. Obviamente, foron facendo paradas na súa traxectoria: “Spaghetti”, “I Love You Like a Madman”, “Lisbon”, “Pool Hall” , “Friday Night In Loughborough”, "Strange Fruit For David" ... Retiráronse tras unha hora escasa e, sorprendentemente para un banda británica, saíron até dous veces e así regalarnos un dos mellores momentos da noite, co guitarra sentado e facéndonos flotar cos seus acordes mentres o batería cantaba, ora co micro ora sen el. Hai que querelos.

Pepe Cunha, 19-outubro-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo