portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
10/10/2018
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018
04/10/2018
Sondeseu "Beiralúa"
01/10/2018
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.
28/09/2018
á venda as entradas para todos os concertos do Cantos na Maré, que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.


nota:

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar comeza o sábado 6 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e será unha experiencia completa que incuirá concertos, obradoiros, actividades e propostas gastronómicas nos xardíns do museo.

Desde as 13:00 até as 18:00 o programa é gratuíto con concerto didático de DUAS, talleres de Juanma Lodo e Sistema Lupo e as actuacións de Vudú, Sesión DJ con Viktor Flores (Sinsal /Certain Music) e dos taiwaneses Sunset Rollercoaster.

A partir das 18:00 comezan os catro concertos de pago con 16mm, a proposta do thereminista Paulo Pascual e a chelista Macarena Montesinos ao redor do cinema de Segundo de Chomón; JFDR String Quartet, proxecto persoal da islandesa Jófríður Ákadóttir, acompañada nesta ocasión polo cuarteto de corda formado por María José Pámpano, Carmen Gallego (violíns), Margarida Mariño (chelo) e Aida Álvarez (viola); Baiuca, o proxceto electrónico que bebe do tradicional emprendido por Alex Casanova e, para pechar a xornada, prato forte con Niño de Elche + Los Voluble co espectáculo “En el nombre de”.

O ticket para os catro concertos de pago terá un prezo de 20 euros máis gastos de xestión.


Domingo 7 de outubro | Concertos en Asteleiros

O domingo 7 ofreceremos dous concertos simultáneos en asteleiros ás 12:30 que terán un aforo limitado a cen persoas cada un.

En Astilleros Cardama, a actuación dun dos maiores talentos da nova música de Brasil, Castello Branco.

En Astilleros Freire, a clavecinista María del Mar Blanco Moreno, solista da Orquesta Clásica interpretará as Variacións Goldberg.

Cada concerto ten un prezo de 10 euros máis gastos de xestión.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo