portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
10/10/2018
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018
04/10/2018
Sondeseu "Beiralúa"
01/10/2018
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.
28/09/2018
á venda as entradas para todos os concertos do Cantos na Maré, que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
Cantos na Maré inicia unha nova etapa cun festival que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra


nota:

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o novo proxecto de Cantos na Maré, un festival xa consolidado logo de 14 edicións que dá un paso máis nesta edición cara a un novo modelo con máis días de programación, aberto a máis culturas, máis xéneros, máis públicos… en definitiva, a novas experiencias.

O novo Cantos na Maré terá lugar en varios espazos da cidade de Pontevedra dos días 11 ao 14 de outubro, combinando concertos de pagamento e de balde con outras actividades musicais e culturais para todos os públicos. O proxecto foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa na que participaron Fran Rivera, director do festival, produtora do evento; Carme Fouces, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra; Jacobo Sutil, director de AGADIC; Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Luís Garcia, representante da Câmara Municipal de Évora (Portugal).

Entre os artistas do cartel deste ano podemos atopar grandes nomes da Lusofonía como a portuguesa Teresa Salgueiro, ex vocalista de Madredeus; o brasileiro Chico César, un dos “fundadores” do festival; a galega Mercedes Peón que presentará aquí o seu quinto disco, ‘Deixaas’; as rapeiras Capicúa e Eva RapDiva desde Portugal, xunto coa galega Wöyza; o rock e o kuduro de Throes & The Shine (Portugal/Angola); a mozambicana Selma Uamusse; a brasileira Bia Ferreira; o proxecto Coladera liderado polo brasileiro Marcos Suzano, un dos mellores percusionistas do mundo; e o caboverdiano Mário Lúcio, músico e poeta, ademais de ex ministro de Cultura de Cabo Verde.

A clausura do festival terá lugar o domingo 14 de outubro, cun espectáculo moi especial no que participarán varios artistas citados e un proxecto moi especial chegado desde Évora (Portugal). Trátase de Ath-Thurdá, promovido polo concello de Évora dentro das accións promocionais para a candidatura de Évora como Cidade Europea da Cultura en 2027 no que participarán artistas como Kepa Junkera, alén doutros músicos portugueses como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes e Celina da Piedade, entre outros.

Nos vindeiros días faranse públicos o resto de artistas e actividades previstas, entre as que se incluirán sesións de cinema, actividades para nenos, talleres para músicos e público xeral, etc.


O novo Cantos na Maré

Sen abandonar a idea primixenia da lingua como conexión de Galicia con outras culturas, outros países e outros continentes, Cantos na Maré dá un paso máis e toma unha nova reorientación. O Festival quere atravesar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos. Coa música como gran neo, desde a música de raíz ás músicas urbanas pasando polas voces corais e a polifonía, mais sen renunciar a outros contidos como a gastronomía, a narración oral ou a danza.

Non só haberá novos contidos senón tamén novos espazos para desenvolver actuacións e accións espallados por toda a cidade de Pontevedra, que se sumarán ao habitual espazo central do Pazo da Cultura, pois CNM tamén pretende ser un festival que promova a descuberta e revalorización do patrimonio da cidade.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo