portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/11/2018
Santi Araújo "Catedral"
29/10/2018
Anxo Lorenzo "Vórtex"
28/10/2018
Jane Birkin engaiola interpretando Gainsbourg no ciclo Voces, Pazo da Cultura de Pontevedra, 27-out-2018
26/10/2018
reedición 50º aniversario do álbum "The Kinks Are the Village Green Preservation Society"
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
Hoxe sae á venda 'Cuadrilla de Pepa a Loba' o libro que conta os 25 anos de historia de Heredeiros da Crus


nota:

FESTA DE PRESENTACIÓN | 22 de setembro | Sala Sónar Compostela | 22 h


*Antonio Díaz Ageitos, xornalista de recoñecido prestixio e coñecedor en profundidade da historia do grupo, é o autor.

* Xerais é a editorial encargada de publicalo: hoxe á venda en librarías e plataformas dixitais habituais.

'Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida. Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS. Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.'



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo