portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/09/2018
Cantos na Maré inicia unha nova etapa cun festival que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
19/09/2018
American Autumn Son Estrella Galicia pecha o cartel da súa X edición en Ourense, Madrid, Coímbra e Santiago de Compostela.
13/09/2018
Hoxe sae á venda 'Cuadrilla de Pepa a Loba' o libro que conta os 25 anos de historia de Heredeiros da Crus
06/09/2018
comunicado das Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo sobre o acceso ás salas de música ao vivo sobre o acceso de menores de idade ás salas de concertos galegas
06/09/2018
Tanxugueiras "Tanxugueiras"
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
Tanxugueiras "Tanxugueiras"


Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro levan uns anos dando que falar baixo o nome de Tanxugueiras. Son un trío de pandereiteiras que se declaran mozas do seu tempo, que fan o que lles peta e que toman as súas propias decisións. Este seu toque trangresor engancha e contaxia alá por onde van, sexa en colaboracións en disco (Brais Morán, Nao, A Banda da Loba ...) ou ao vivo abrindo para Xabier Díaz ou participando no Festival Celtic Connections de Glasgow. Falando deste último, recomendo ver o vídeo que se fixo viral nas redes sociais. Tras un par de aniños traballando no repertorio, cumpría rexistrar ese xeito de vivir e contribuír á música tradicional.

Conservar nun disco a frescura que transmiten era todo un reto e toca asumilo con esa diferencia entre directo e estudio. Podíase optar por seren máis fiel á espontaneidade dos seus directos ou complementaren as súas voces e pandeiretas cunha dose máis ou menos xenerosa de detallismo musical. Así, e talvez co traballo no “Lobos” de Davide Salvado en mente, escolleron a Pedro Pascual para os arranxos e a dirección musical. Como era de esperar, este enriqueceu o esqueleto das coplas folclóricas con colaboracións instrumentais gorentosas de frautas, violíns, clarinetes, guitarras, baixos, percusións ... que nos levan mentalmente ao mundo árabe, ao Mediterráneo ou a Escocian sen despegar un pé do país. Atinadamente, non esqueceron reservar unha peza (a que dá nome ao proxecto e o disco) exclusivamente ás Tanxugueiras.

Das esperanzas postas nelas resulta significativa a presenza de Xabier Díaz en “En Piornedo” e Guadi Galego en ”Que non mo neguen”. Ademais, nesta última peza María Xosé Silvar “Sés” complementa unha copla tradicional coa tradución doutras das propias protagonistas. Canda as citadas, salientaría "A de sempre", "Non cho sei", "Bembibre", o "Bonus track, ieah!" que sorprende co xogo de voces e "Glasgow", das melodías máis fermosas do disco. A resposta é si, este debut está á altura da atención recibida e a sofisticación instrumental é máis un enriquecemento que unha distracción, pois o núcleo de voces e pandeiretas segue a ser o protagonista e a escoita do disco gaña máis percorrido.

Pepe Cunha, 06/09/2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo