portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/12/2018
Ilegales no Auditorio de Ferrol, 22-decembro-2018
17/12/2018
WOS Festival x SON Estrella Galicia, entre os 10 finalistas a mellor festival indoor de Europa por segundo ano consecutivo
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
Marem Ladson "Marem Ladson"


Os discos de debut poden gustar porque apuntan cousas interesantes sobre as que ir forxando unha carreira ou porque entreguen cancións maceradas con máis tempo antes de veren a luz. Se cadra, o de Marem Ladson encaixa nas dúas impresións. A primeira escoita pode parecer outra artista con voz doce que aposta polo pop-folque de corte norteamericano, pero cun mínimo de atención apreciamos unha soltura, unha diversidade na composición que botamos en falla noutras artistas. Falar de debut prometedor sería quedarse curto.

Esta filla de ourensá e xogador de baloncesto no equipo das burgas escrebe letras de corte autobiográfico, melancólicas, sobre relacións personais ou o camiño cara a madurez. A apertura con “Born” apunta claramente á voz coma eixo da súa proposta, mais deseguido chega o single inmediato “Shades of Blue” para amosar que tamén pode vestir o traxe de guitarreira, contundente e máis arroutada, non só o de chica doce e melancólica con guitarra acústica. Máis aínda, conforme avanza o disco imos constatando pasaxes sonoras diversas que nos lembran desde o pop-rock alternativo dos 90 até aires soul pasando pola canción de autor ou o pop de manual de “West”. Si, os nomes de Cohen, Dylan, Mitchell agroman durante a escoita, pero tamén Marissa Nadler, Damien Jurado, PJ Harvey, Feist ou The Strokes.

Aparte da boa influencia do Café & Pop Torgal ourensán, cómpre salientar a man de Brian Hunt (Russian Red, Half Foot Outside, Templeton...) nunha produción ben apoiada polo percusionista Juan Diego Gosálvez. As músicas sonan ora máis clásicas como “Woods” ou “My corazón” e o seu toque 50s, ora máis actuais ou experimentais coma “Losing Control” ou o dream-pop arroupado polos sintetizadores en “Coming Home”. Tamén esas percusións e ventos en “All My Storms” (disque composta aos 15 años cando estaba nos EUA) reforzan a idea de que pode ser ambiciosa e arredarse da aparente timidez, lóxica dada a súa xuventude. Mentres saboreamos esta presentación, que tal afondar nunha maior riqueza instrumental cara a consolidar esa identidade propia ?

Pepe Cunha, 7-agosto-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo