portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/11/2018
Santi Araújo "Catedral"
29/10/2018
Anxo Lorenzo "Vórtex"
28/10/2018
Jane Birkin engaiola interpretando Gainsbourg no ciclo Voces, Pazo da Cultura de Pontevedra, 27-out-2018
26/10/2018
reedición 50º aniversario do álbum "The Kinks Are the Village Green Preservation Society"
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
cartel da terceira edición do SilFest Valdeorras, nas beiras do Sil ao seu paso polo Barco


nota:

19, 20 e 21 de Xullo de 2018. Esa é a data elixida para celebrar a terceira edición do SilFest Valdeorras, un festival multicultural nunha contorna única, as beiras do Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras (Ourense)

O Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Valdeorras é o patrocinador principal nesta edición, e iso nótase na multitude de actividades que dende a organización preparamos en torno ao viño: catas de viño con poesía, cata de viño con batalla de músicos, curso de maridaxe de queixos con viños de Valdeorras e visitas a algunhas das adegas da D.O. Valdeorras. Ademais dunha zona de exposición e venda onde poder obter información, probalos, e comprar por copa e botella os mellores viños da zona.

Nesta terceira edición o festival dá un salto con respecto á súa programación de anos anteriores, máis música e máis actividades. Por iso este ano cobrarase unha entrada para poder acceder ao evento:
- Entrada xeral: 15€ + gastos de xestión_entrada para dous días con acampada incluída.
- Entrada infantil: 4€ + gastos de xestión_entrada para dous días con acampada incluída.
- Entrada con visita a adega: 25€ + gastos de xestión (inclúe entrada os dous días ao festival, acampada e visita a unha adega o sábado pola mañá con cata de dous viños e petisco)
As entradas pódense adquirir desde hoxe mesmo na web do festival: www.silfestvaldeorras.com

No musical, un cartel de luxo con varias bandas referencia do Pop, rock e indie español: Varry Brava, Dinero, Grises, Nunatak, The Parrots, e moitos máis…

Outro dos atractivos deste ano será a especial atención aos máis pequenos creando un festival paralelo: O Mini SilFest.
Durante toda a tarde e noite do venres e o sábado todo o día os menores de 3 a 15 anos poderán gozar de talleres infantís, visitas guiadas polo backstage do festival, rocódromo, navegación en kaiak, circuíto de monos entre as árbores, hinchables, pintura de cara e moitas cousas máis.
Na parte artística poderanos gozar das actuacións de Kote Malabar e de Magín Blanco que vén presentar a beiras do Sil o seu novo traballo “Camiños”.
Como novidade tamén, as actividades infantís alongaranse ata as 00h da noite aproximadamente, cun karaoke infantil o venres e a última película de Disney, “Coco”. Nestas actividades os nenos estarán supervisados polas monitoras da organización en todo momento para que os seus papás poidan gozar dos concertos do festival.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo