portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
10/10/2018
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018
04/10/2018
Sondeseu "Beiralúa"
01/10/2018
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.
28/09/2018
á venda as entradas para todos os concertos do Cantos na Maré, que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
Guadi Galego "Bóla de cristal"



Mantendo o entendemento sonoro co productor baezano Pachi García e coincidindo coa fin de xira de "O mundo está parado" (2016), a cantautora cedeiresa edita un mini-álbum que encaixa a modo de triloxía co mencionado e con "Lúas de outubro e agosto" (2014). Se “Luas ...” representaba o mundo da ensoñación e “O mundo .." o regreso á realidade, nesta “Bola de cristal” Guadi procura o futuro do mundo que desexa.

Trátase dun mundo de humanidade e positivismo onde "Coidar de min", "Desdibuxar" e no que se atopar "Recoñecéndome". Nesta última precisamente é onde gozamos da única e fermosa achega "orgánica" no instrumental: o acordeón de Santiago Cribeiro. O xiro valente e a evolución cara outras sonoridades máis "pop", e mesmo chiscos á electrónica, están xa de sobra consolidados e aceptados. Estas cinco cancións resultan continuístas ou "apéndice" do último álbum, afondando máis nun pop con tinguiduras atmosféricas, sosegadas ou intimistas.

"Fronteiras", adianto do traballo e peza que abre, é a favorita dun servidor, pero as escoitas sosegadas e atentas amosan que as demais tampouco desmerecen un chisco no repertorio dunha compositora e intérprete que conxuga con elegancia personalidade, emoción e lirismo. E as fotos e o deseño de Carlos Abal xustifican a edición física fronte a dixital.

Pepe Cunha, 8 -xulño-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo