portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/12/2018
Ilegales no Auditorio de Ferrol, 22-decembro-2018
17/12/2018
WOS Festival x SON Estrella Galicia, entre os 10 finalistas a mellor festival indoor de Europa por segundo ano consecutivo
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018


Ao comentar o disco que onte presentaban Fernando Barroso e Margarida Mariño en Ferrol, falaba de que “non é habitual, nin doado, escoitar do tirón un disco case totalmente instrumental e de pouca instrumentación, pero que, aplicado en doses e cun mínimo de atención, resulta ben pracenteiro e inspirador de emocións e sensacións varias.” Pois ben me vale para comezar a crónica dun concerto ao que engadiría a frase de “cita especial”.

Tratábase do regreso de Barroso á súa cidade natal, onde moitas amizades e persoas achegadas quixémolo recibir coma todo un músico. Neses “20 anos de ausencia” foi consolidando unha traxectoria (Budiño, Riobóo, Os Cempés, Assembly Point, Trim ...) que lle gañou o respecto por competente, valente e creativo. Onte viña amosalo nese teatro que el ollaba desde a rúa cando devecía por crear melodías propias, coma estas que compoñen "Silence Lovers Club".

Tocar na casa é un arma de dobre fío. O público está predisposto pero os nervios poden traizoar. Mais Barroso contivo a emoción ao interpretar diante de xente querida e tamén ao lembrar ao gaiteiro Antón Varela. Ademais, estivo fantasticamente acompañado pola súa compañeira de disco, que amosou a súa versatilidade ao tempo que se mantiña nese plano secundario ou discreto; agás, loxicamente, na peza en solitario coa que nos agasallou.

Como cumpría tamén, contaron con convidados nalgunhas pezas: Brais Maceiras (acordeón), Pablo Vergara (percusión) e Serxio Ces (pandeireta e voz), co que Barroso reinterpretou tres pezas deses Cempés en cuxa última etapa coincidiron: “Mazurcas”, “Sara Sariña” e aquela da loita dos percebeiros de Cedeira, coa conseguinte arrinca ovación.

O Teatro Jofre acolleu unha hora cálida de imaxinación e viaxe musicais a través duns instrumentos que veñen de séculos atrás e funcionan no noso tempo grazas a traballos coma este “Silence Lovers Club”.

Grazas a Juan Luis Rúa polas fotos!!!

Pepe Cunha, 11-maio-2018







Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo