portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
10/10/2018
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018
04/10/2018
Sondeseu "Beiralúa"
01/10/2018
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.
28/09/2018
á venda as entradas para todos os concertos do Cantos na Maré, que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
baiuca "solpor"


Arredor do 2012 comezamos oír falar dun tal Álex Casanova que facía pop electrónico. Baixo ese nome presentou o disco "Antagonasia" (Crispis, 2014), tras ser mellor maqueta para Mondosonoro Galicia e acadar o segundo premio do MusicaXove12. Agora reencontrámonos co noso protagonista Alejandro Guillán Castaño que non abandona a electrónica pero que pasa de nomes coma Tino Casal, Objetivo Birmania, Pet Shop Boys ... á música tradicional galega e Mercedes Peón, Budiño, Caxade, Carlos Núñez, Afro-Celt Sound System ...

En tempos de auxe dos ritmos étnicos ou world-music (anos 80-90), os proxectos de mesturar ritmos tradicionais e electrónica eran frecuentes, pero levabamos tempo sen recibir un artista galego novo movéndose nestes parámetros. As composicións tradicionais –“Muíño”, “Solaina”, Muiñeira”, “Arrieiro” e “Mozas”- comparten espazo coas composicións propias -“Solpor”, “Brétema”, “Arume” ou “Morriña”-. Caixas de ritmos, beats, sintetizadores, bases electrónicas, efectos de voz ou as frautas do propio Álex conviven mesturadas co son de cunchas, pandeiretas, gaitas, gravacións de campo e as colaboracións da Asociación Cultural Xirandela, Xisco Feijoó (voz en “Arrieiro”) ou Verónica Núñez (voces en “Solaina”). Ademais, aquí hai traballo e coidado: mesturado por SVPER (aliado en producións de El Guincho, Soleá Morente, La Bien Querida, Joe Crepúsculo) e masterizado en Irlanda por Stephen Quinn.

Mesturar a música tradicional galega coa electrónica de vangarda non é novo e de seguro que os nomes citados son referentes que este catoirense emigrado a Madrid tivo en conta e recoñece. Se falamos do resultado das cancións e o álbum en conxunto, “Solpor” (Raso, 2018) é un traballo de notábel alto, honesto, moderno e que se agradece na nosa escena. En canto te descoidas, xa estás a bailar e "perdoas" que aparece a sempiterna "Muiñeira de Chantada". Probade "Muíño", "Arrieiro", "Brétema" ou "Morriña" no seu bandcamp e a ver se coincidimos.

Pepe Cunha, 30-abril-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo