portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/05/2018
O Revenidas (17, 18 e 19 de agosto) incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba
12/05/2018
máis de vinte convidadas na xornada Mulleres e Música o sábado 19 de maio no Teatro Colón da Coruña
11/05/2018
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018
11/05/2018
mercedes peón "déixaas"
09/05/2018
Ribeiro Son de Viño presenta o cartel da súa V edición: O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca
09/05/2018
PortAmérica 2018 pecha o seu cartel con Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero
samarúas "prólogo"


Esta formación coruñesa de carácter eminentemente folque presentouse aló polo 2013 e foi acadando recoñecementos nalgúns certames: gañaron o QueroStar, 2º premio no certame MúsicaXove"14 e finalistas Certame Fran Pérez “NARF” 2017, ademais de tocar en varios festivais. Sen présas foron confeccionando as composicións que ían compoñer este seu primeiro traballo, gravado nos estudios Bonham e autoeditado.

"Prólogo" ten que ver coa preocupación polo ser humano e a natureza ("Man", Manfred Gnädinger Man, abre o disco e inspira a capa do álbum) e tamén coa poesía, pois ademais dunha letra propia musican a Celso Emilio Ferreiro ("Non") e Xosé Iglesias ("Transfusión Oceánica"). Samarúas son Miguel Vázquez (gaita e saxo), Antonio Prado (percusión), Tania Caamaño (voz e percusión), Fran Barcia (acordeón), María Blanco (violín), Carlos Barcia (guitarra) e Isaac Pérez (batería) e sitúanse "A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos"

Nesta carta de presentación, Samarúas busca máis construír sobre unhas boas melodías que sorprender ou rachar esquemas, pero o seu "Prólogo" resulta un debut digno e interesante que linda nas coordenadas do folque tradicional ao tempo que achega un chisco de frescura que se agarda dunha formación nova. Para escoitar e sentir máis en troques de falar moito. Áo discurso de Man "o alemán de Camelle" me remito. Esperemos a ver qué nos deparan a partir de agora

Pepe Cunha, 27-abril-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo