portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música


nota:

As nominacións fixéronse públicas na Festa de Nomeados que se celebrou, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax, en Cambados.
Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen escollerá os proxectos premiados que se entregarán na gala que se celebrará o próximo 9 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Entre os nomeados que optan a acadar algún premio, figuran artistas que están comezando o seu proxecto xunto a consagrados a nivel estatal e internacional como Xacobe Martínez, Uxía, Caxade, Músculo!, DeVacas ou Nastasia Zürcher.

No medio dunha festa amenizada coa música O Modulador de Ondas, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 5ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. O acto celebrouse, como cada ano, nas instalacións das Bodegas Martín Códax, en Cambados coa presenza dxs voceirxs de MÚSICOS AO VIVO, Sonia Lebedynski e Ramón Bermejo; o director da AGADIC, Jacobo Sutil; a concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carme Fouces, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal xunto co concelleiro de Enoturismo (José Ramón Abal) e de Cultura ( Víctor Manuel Caamaño); e o director das Bodegas Martín Códax, Xoán Allegue.

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (superando os inscritos daa anterior edición): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical. Novamente, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. Este xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online da web www.premiosmartincodaxdamusica.com, será secreto e os nomes dos seus integrantes non se farán públicos ata finalizar o proceso. Os gañadores coñeceranse o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Crónica do acto:

Ao principio do acto Xoán Allegue, director das Bodegas Martín Códax, recordou que estes premios “son a referencia do sector musical en Galicia y que amosan o potencial existente, con preto de 450 inscritos nas 15 categorías e os tres premios Organistrum”.

Allegue puxo en valor o traballo da Asociación Músicos Ao Vivo, organizadora dos premios, xa que “dan ao sector a oportunidade de visibilizar y recoñecer o traballo de toda a comunidade de Galicia. Unha asociación, de base cooperativista, formada por músicos e para músicos e con quen compartimos o espíritu social e á que nos sentimos moi unidos, xa que nós tamén somos cooperativa”

Xoán Allegue tamén expresou “a alegría de Bodegas Martín Códax por poder ir da man deste proxecto”: resaltou asimesmo o traballo conxunto de Músicos Ao Vivo, das institucións públicas e a empresa privada, “xa que xuntos facemos medrar o proxecto”. “É, precisamente, a ligazón entre as empresas públicas e máis as privadas a resposta para a difusión e fomento da nosa cultura. A súa promoción debe ser un compromiso de tódalas partes a axentes e así debemos velo tanto nas empresas como nas institucións”.

Pola banda de Músicos ao Vivo, Sonia Lebedynski e Ramón Bermejo deron a benvida a todxs xs finalistas e agradeceron o apoio ás Bodegas "polo seu apoio constante á música galega, neste e noutros eventos. " así como ao resto de patrocinadores principais a quen agradeceron que se sumaran ao proxecto dende os comezos.

A esta Festa de Nomeados asistiu tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil, que felicitou a todos os finalistas e reiterou o seu apoio a esta iniciativa da Asociación Músicos ao Vivo, quen agradeceu ao Agadic o seu apoio na Cooperativa que naceu este mesmo ano vencellada á asociación. O Concello de Pontevedra, a través da súa Concelleira de Cultura, Carme Fouces, renovou tamén a súa aposta por este certame que revitaliza a comunidade musical e reforza o sector.

Durante o acto presentáronse tamén os chamados "melómanxs", as estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala que se celebrará o mércores 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, e onde ademais dos 18 gañadores que sairán desta lista de finalistas, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo, do que podemos adiantar que este ano será dobre, un premio entregado ex aequo a dúas persoas moi valoradas polo sector musical galego. Os nomes revelaránse na rolda de prensa previa á gala.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo