portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/05/2018
O Revenidas (17, 18 e 19 de agosto) incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba
12/05/2018
máis de vinte convidadas na xornada Mulleres e Música o sábado 19 de maio no Teatro Colón da Coruña
11/05/2018
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018
11/05/2018
mercedes peón "déixaas"
09/05/2018
Ribeiro Son de Viño presenta o cartel da súa V edición: O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca
09/05/2018
PortAmérica 2018 pecha o seu cartel con Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"


Co fin de festexar 10 anos de traxectoria, esta banda compostelá edita por fin o seu primeiro "longa duración". Desde 2008, con algún cambio na formación pero mantendo o núcleo instrumental e o espírito fraternal, a Bakin recibiu a participación de moitos músicos e serviu coma banda de apoio a artistas internacionais. Agora, tras moitas jams, concertos e 2 EPs, presentan neste "Ten Long Years" até 15 interpretacións ao vivo de composicións de referentes do blues, o jazz , o rhythm and blues ou o shuffle.

Con J.R. López e Martín Esturao na gravación e masterización destas actuacións no Liceo de Noia, a Sala Capitol e o Fisterra Blues Experience Festival, a Bakin entrega unha tarxeta de presentación na que gozarmos da súa solvencia. Revisan T-Bone Walker, Slim Harpo, Louis Jordan, Professor Longhair, Big Bill Broonzy, Albert King, Freddie King, Otis Rush, dous de Little Walter, Arthur Cradup e Lowell Fulsom, ademais de incluír dúas cancións propias que encaixan con facilidade: "Lost Boy" e "It"s Always Party Time at Home".

Xa era hora de contarmos cun testemuño físico deste referente nas nosas salas a base da mellor tradición desas músicas chamadas negras e os directos intensos. E para isto, qué mellor que escoitalos en gravacións ao vivo ?

Pepe Cunha, 16-abril-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo