portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
21/11/2018
Sumrrá "Seis mulleres"
16/11/2018
María Arnal i Marcel Bagés no Teatro Colón, 15-novembro-2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío


nota:

Hoxe venres 13 de abril sae á venda nas tendas e nas principais plataformas dixitais ‘Fios de ouro no ár’, o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío, xunto con Bea Martínez e Xulia Feixoo. A estrea en directo será o venres 27 de abril na Coruña, nun concerto no Teatro Rosalía de Castro (entradas á venda en Ticketea).
- No Spotify: goo.gl/MMbDjA
- No iTunes: goo.gl/kcbmFh

Este novo traballo discográfico, que tira o seu nome dun poema do tamén noiés Avilés de Taramancos, é un album concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un produto inconfundiblemente galego.


A súa tradución ao directo dá como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de dúas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.


Segundo o propio artista, “a nivel musical trátase dun traballo centrado na sonoridade da arpa diatónica, máis coñecida como arpa céltica, adaptada á música de tradición oral de Galicia. Os temas que forman parte do disco pretenden achegar material a ese xogo tímbrico. A arpa entrou na música feita desde Galicia hai xa corenta anos e desde entón son numerosos os e as interpretes que se van incorporando a este instrumento pola súa especial capacidade de sedución e versatilidade para múltiples estilos e xéneros”. En ‘Fios de ouro…’ como no anterior traballo, faise fincapé na combinación de dúas arpas, contrabaixo e percusión como base para construír as melodías que proceden tanto da adaptación de pezas da tradición oral como de composicións actuais.


A superación da perda dunha falanxe

Outro dos obxectivos deste traballo é, segundo Romaní, “ampliar o repertorio galego para arpa”. Non procura nin recrea ningun evento específico, indica, “é unha continuación de ‘As Arpas de Breogán’ (o traballo anterior), respondendo de paso á expectativa que creou no seu día”. Tamén representa un reto persoal despois dun desafortunado accidente en 2013 que tivo como consecuencia a perda dunha falanxe, a inutilización completa dun dedo da man dereita e a creación dunha técnica de sustitución que tiña que partir desde cero. “‘Fios de ouro…’ quere ser a superación desa fase”, afirma.

O apoio básico da música no álbum e no directo é o trío de duas arpas e percusión con alguns elementos electrónicos usados discretamente como complemento. A esta combinación engádense puntualmente outros artistas que colaboran para crear un traballo que se pode escoitar comodamente como unha unidade e, ao mesmo tempo, fai agradable e interesante a escoita por ouvintes non especialmente centrados na arpa.

No disco colaboran un cuarteto de corda dunha excepcional calidade, o Cuarteto Novecento, que acompaña unha das pezas mais estimadas polo autor, “Preguiza”, e unha especie de recreación fantasiosa das muiñeiras en tono menor máis coñecidas do repertorio para gaita. Tamén participa na gravación Inés Lorenzo, co seu inconfundible timbre de voz, achegando beleza en "Indo de cara á Grixoa" e" Ai Deus, se sabora" e o destacado membro dos desaparecidos Quempallou, Guillerme Ignacio, interpreta dous cantos tradicionais, “Pasacalle e Muiñeira”.


Rodrigo Romaní Trio son:
Bea Martínez (arpa segunda)
Xulia Feixoo (percusión)
Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións)


Rodrigo Romaní

Rodrigo Romaní (Noia 1957) emerxeu ao mundo da música profesional formando parte do movemento popular canción galega na segunda metade da década dos 70. Formou parella artística co músico Antón Seoane. Na súa compaña e co grupo de música tradicional Faíscas do Xiabre fundou Milladoiro en 1979. Con Milladoiro acadou diversos premios internacionais, percorreu a escena folk mundial, e rexistrou doce discos. En 2001 deixou o grupo para dedicarse a outras actividades artisticas e educativas.

Creou para o Concello de Vigo o Departamento de Música Tradicional da Universidade Popular en 1996, primeiro centro educativo en España que relacionaba entre sí os instrumentos da tradición oral e as recientes recreacións urbanas do folk. Refundado como Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, ETRAD, en 2008, actualmente recibe a 400 alumnos anualmente en niveis que van desde o básico ata o profesional.

Arpista autodidacta no folk, emprendeu estudos de arpa clásica con Susana Cermeño. Creou a primeira aula de arpa céltica da Península en 1996. En 2013, a causa dun accidente que lle ocasionou a perda dunha falanxe da man dereita, tivo que deixar a docencia para deseñar unha técnica persoal de interpretación a arpa.

En 2007 forma o trio Lizgairo con Anxo pintos e Xosé Liz.

A principios do século crea, na compaña de outros mestres da actual ETRAD, a primeira Orquestra Folk de España, SonDeSeu, coa que lidera o proxecto europeo ENFO en 2008.

Ten numerosos premios e distincions tanto colectiva como individualmente como o Goya á mellor Banda Sonora, Pedrón de Ouro, María Casares, Vieira de Prata ou o Premio Nacional de Folklore 2017.

É produtor discográfico dos primeiros traballos de Susana Seivane e Treixadura.

Como solista de arpa ten colaborado con artistas como Carlos Nuñez, Liam O’Flynn, Bill Whelan, Paul Winter, English Chamber, RTE Orchestra, Orquesta Reina Sofía, Sinfónica de Galicia ou Real Filharmonía de Galicia.

Crea en 2014 o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Harp Fest, do que é actualmente director artístico.

Entradas:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo