portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
A Compañía do Ruído "O punchi must go on"


Ao longo de 2017 e a xeito de celebración dos 15 anos de traxectoria, o proxecto liderado por Suso Bello entregou unha canción en videoclip cada mes. Eses “12 meses, 12 punchis” non podían quedar esas cancións penduradas na rede e por iso chega agora esta recompilación que fai a súa sétima colección de cancións. Con máis razón que nunca nestes tempos, seguen coa autoedición e a independencia para, en clave de xolda, denunciar con sarcasmo, burla ou ironía as personaxes do mundo que nos rodea, principalmente certa clase política.

Desde o comezo, presenza central da gaita ("Mazurca á fuga" abre o álbum), os ritmos tradicionais e a mestizaxe co rocanrol, samba, ska e reggae, ritmos balcánicos ... para bailar e divertirse. A nivel de letras, "Milhomes" é un dos máis claros exemplos de denuncia e linguaxe directa e clara: "Milhomes do carallo, vas de macho i es coma un carracho. Queres ter o poder, haste de foder, no meu coño non manda ninguén". Na "Muiñeira punki" atacan ese Mariano "que non vale nin para o cosido". "Berra" reivindica a lingua do país. "Samba dorneira" ou "Sempre en Galiza, sempre en pelotas" achegan o aire latinoamericano, "Colacao na droja" o delirio mental, "Cinzas" sinala os negociantes da terra ...

Danlle un verniz fiábel de estudio en A Ponte con Tomás Ageitos pero conservan ese xeito de facer humilde,punki e directo (lembrades o "bravú"?). Ademais, polo que se le nun libreto case ilexíbel, o agora quinteto conta con colaboracións de García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi e Ismael da Fanfarria Taquikardia, e as Escolas de música de Bergara, Aramaio, e Erandio da man de Aritz Alustiza (Nomadak).

Se non coñecías eses videoclips, non busques aquí sutileza. "A compañía do ruído se presenta para a festa": diversión musical e denuncia social sen edulcorar, a non ser cun "licoriño café", claro.

Pepe Cunha, 10-abril-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo