portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
Mercedes Peón publica hoxe o primeiro single do seu disco "Deixaas", “Plataforma”


nota:

A cantora e compositora galega Mercedes Peón estrea hoxe o primeiro single do seu agardado novo traballo logo de oito anos desde o anterior. Trátase do tema “Plataforma”, unha cancións que inclúe sons gravados nos asteleiros de Navantia (Ferrolterra), que forma parte de ‘Deixaas’, o seu quinto disco en solitario.

O 27 de abril regresa MERCEDES PEÓN -despois de SOS (Fol Música 2010)- con novo disco ‘DEIXAAS’, dedicado ás mulleres, e por iso hoxe venres 6 de abril estreamos o seu primeiro single: “PLATAFORMA”, que xa pode escoitarse en Spotify e en todas as plataformas dixitais. A presentación en directo será o vindeiro 13 de maio en Ferrol.

Mercedes é unha das nosas artistas internacionais máis carismáticas. Se houber que encadrala nalgún xénero sería moi complexo. Mercedes sempre fuxiu das etiquetas tanto na música como na propia clasificación por xéneros. Mais por situarnos poderiamos atribuírlle conceptos como electrónica de vangarda ou world music 2.0… A súa orixinalidade e o seu discurso fixeron que percorra escenarios de todo o mundo e goce dun gran prestixio internacional.

Sen abandonar as raíces da tradición galega -onde comezou- MERCEDES incorpora na súa música unha faceta moi contemporánea e vangardista, inspirada en espazos sonoros de nova natureza, como os asteleiros navais de Ferrolterra, onde gravou sons reais de máquinas pesadas, como os que se escoitan neste primeiro single: “PLATAFORMA”, facendo unha chiscadela á música industrial.

DEIXAAS expande o universo creativo de Mercedes Peón unindo artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional. Conserva a esencia das preocupacións presentes na música da compositora: cuestións de identidade, xénero, linguaxe, pertenza, transmisión de enlaces ou o ambiente sociopolítico máis inmediato… Todo isto está presente na súa música e interactúa cos sons dun xeito nunca explorado antes pola artista.

Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en 1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en universidades como La Sorbone, Porto, Gales, etc.

A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.

Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué. Expresouse libre de clichés, e espallouse polo eido internacional sen ningún esforzo mediático. Nos seus traballos posteriores – Ajrú no 2004 e Sihá no 2007 – as súas composicións levárona a unha particular atmssfera case rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras. A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …---… (Sós), música de vangarda, catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha evolución ou un momento da sua carreira especialmente brillante.




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo