portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/04/2018
Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC
19/04/2018
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música
16/04/2018
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"
13/04/2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío
13/04/2018
Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito e Che Sudaka súmanse ao SonRías Baixas 2018
11/04/2018
Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade
XI Concurso de Maquetas Millo Verde


nota:
O vindeiro Sábado 24 de Marzo a asociación cultural Redondelana "Millo Verde", festexará, na "Feira do Gando", como ven facendo dende 2008, o seu concurso de maquetas co obxetivo coma sempre de promover e apoiar os novos talentos musicáis . O evento que tradicionalmente serve como un aperitivo primaveral do festival de xuño, celebra a sua décimo primeira edición e consistira nun concerto de catro formacións, duas convidadas mai-las duas que optan a gañar o concurso. A entrada custará tres euros e incluira consumición mínima, vaso e papeleta de voto.

A velada dara comezo as 22:30 o ritmo das versións de bossa nova, folk americano e cantautores españois de “Chá, cerveja e violão”. Acto seguido entrara en escea o primeiro finalista, os redondelans “Chaleco Reflectante” que tentarán gañarse o favor (e votos) do público coa sua aposta de punk rock. A continuación dende Vigo saltarán ó escenario os segundos rivais desta final, a banda "The Mob swing", que loitará pola vitoria cun rock con
influencias do swing, o soul e incluso o funky. Posteriormente mentres os votos son recollidos e se decide democráticamente o gañador a música correrá a cargo do grupo de folk “ A Güintervan” que mestura as raices galegas coa tradición balcánica.


Información xeral do Festival Alternativo Millo Verde

7, 8 e 9 de Xuño de 2018

O Millo Verde é un festival de música e artes alternativas sen ánimo de lucro e totalmente gratuito que se ven celebrando dende o 2007, tendo sempre como prato forte a celebración dos concertos durante a fin de semana. Nestes xa participaron bandas do calibre de Kumpania , Algazarra, Alice Francis, Dios ke te crew, Fuel Fandango, Ché Sudaka, Talco, The Anomalys, Blasted Mechanism, ou Vinila Von Bismark cunha asistencia que nos últimos anos ronda as 6.000 persoas durante todo o fin de semana.
O festival tamén organiza actividades para todo tipo de públicos, como obradoiros ou contacontos para nenos, e actividades de outra índole coma Eskalabirras, Jam Graffitti, Basket 3x3, Danza Africana, Artistas de rúa... A éstas actividades típicas do festival sumaranse outras novidades que se irán coñecendo máis adiante.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo