portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
04/07/2018
"As cantigas de Elena" Pipo Alvariño, María Vidal, Myriam González
11/07/2018
cartel da terceira edición do SilFest Valdeorras, nas beiras do Sil ao seu paso polo Barco
29/06/2018
o Festival Jazz de Ría presenta un coidado cartel en espazos singulares de Ferrol e Mugardos
26/06/2018
Primeiros nomes para WOS Festival x SON Estrella Galicia
26/06/2018
V Festival +QUE JAZZ na Coruña en xullo
Josele Santiago "Transilvania"


Conservar o selo propio, esa marca da casa na composición, e entregar unha boa colección de cancións nun disco. Ese podería ser o reto de Josele Santiago. Mais seguramente el non se poña outro que seguir contando cousas o mellor que lle sae en cada momento, sen grandes pretensións nin présas, esperando cada momento. Así leva xa cinco discos á marxe da banda Los Enemigos e talvez con este “Transilvania” se marque o mellor, ou o máis completo, desde aquel primeiro "Las golondrinas etcétera” (2004). E de seguro moito mérito cae na produción de Raül Refree e un cheiro a diversión no estudio de gravación.

O catalán ten ese don de remover desa zona de confort o estilo dun artista, como fixo, por exemplo, con Kiko Veneno. Iso si, sen que se perda identidade e achegando o brillo de detalles novos. Sumando sonoridades varias, pingas de armonio, mellotrón, sintetizadores, banjo, clarinete ... ou restando cara a unha instrumentación máis básica, nítida e espida. Desta atopamos mostras ao principio con “Un guardia civil” e no peche con “Sonia”. Entre elas, unha produción versátil guía un álbum sonoramente rico e agradábel, sen pecar o máis mínimo de edulcoramento pero si dun gusto excelente polos detalles. Desde a delicada “Ángel” á máis saturada e ruidosa de “Saeta” encontramos rhythm and blues, rock and roll, a balada "El bosque", swing, o soul repousado de “Magia negra” ...

Porén, ese colchón sonoro ben aquelado e confortábel contrasta cuns textos que de seren cómodos non serían do Josele que coñecemos. Cantando aquí ao seu mellor nivel, reafirma ese binomio popular-culto para amosarse sarcástico, críptico, pesimista, e en moitos momentos na súa vertente máis dura; con rabia, metendo o dedo na ferida, coas súas dúbidas existenciais e relixiosas. Poderiamos citar ducias de versos pero mellor que cadaquén escolla os seus no álbum máis recomendábel para (re)iniciarse no artista. Nesta ducia de cancións non faltan a súa voz particular e a cadencia ao cantar uns textos que esixen e agradecen varias escoitas, dos que deixan pouso de reflexión ... e desta vez gozámolo nun envoltorio sonoro novidoso na súa traxectoria.

Xa desde a visión dun seguidor, o mellor é que canto máis escoitas o disco, máis cancións aprecias e sumas a favoritas: ademais das mencionadas, “Prestao”, “No se equivoca el mal” e o seu final alongado, a circense “Cómo reír”, “Déjame sufrir”, “Ovni viejo”, “Que hable el sol” ... Por se quedaba dúbida, esta colección de cancións incide nos méritos de Josele para situarse nese grupo de grandes escritores intérpretes xunto a Lapido, Kiko Veneno, Juan Perro, Jorge Drexler ...

Pepe Cunha, 20-marzo-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo