portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
04/07/2018
"As cantigas de Elena" Pipo Alvariño, María Vidal, Myriam González
11/07/2018
cartel da terceira edición do SilFest Valdeorras, nas beiras do Sil ao seu paso polo Barco
29/06/2018
o Festival Jazz de Ría presenta un coidado cartel en espazos singulares de Ferrol e Mugardos
26/06/2018
Primeiros nomes para WOS Festival x SON Estrella Galicia
26/06/2018
V Festival +QUE JAZZ na Coruña en xullo
festival homenaxe a Antón Varela "Tonecho", 11-marzo-2018


A súa cidade, algúns dos proxectos nos que participou e colaborou, e artistas amigas e admiradoras renderon homenaxe ao gaiteiro e luthier Antón Varela. Foi no Jofre, onde un servidor o viu por primeira vez, cos seus Cempés presentando “Capitán Re”, xusto antes de que o teatro fose pechado para a súa rehabilitación. A homenaxe, xa planeada antes do seu pasamento no Día da Galiza, podería ter sido no Auditorio pola cantidade de xente que quedou sen butaca. Mais Tonecho quería que fose este teatro fermoso quen acollese este recoñecemento a unha persoa querida e apreciada.

Así quedaba claro na presentación de Xoán Rodríguez Silvar, compañeiro en Raparigos, que repasou a súa traxectoria musical (Follas Novas, Os Cempés, Raparigos ...) e algún detalle de bonhomía e detallismo como o caxato que Tonecho lle fixo. E para comezar coa música, tamén cando coñeceron un mozo vigués que chegou a Ferrol para un certame e acabou por triunfar internacionalmente.

Carlos Núñez, acompañado polo seu irmán Suso na percusión e Pancho Álvarez nas cordas, abriu cunha actuación intensa en dúas partes: primeiro en trío cun repertorio de Cantigas de Alfonso X o Sabio e despois con esas colaboracións que fan aínda máis únicas estas celebracións. Entrou o Coro de Toxos e Froles, outro nome senlleiro da cidade, e interpretaron unha “María Soliña” da que gustaba Tonecho. De seguido, e xa coa banda de gaitas de Toxos e o naronés Carlos Beceiro (amigo doutra formación mítica como é La Musgaña) fixeron a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia.

Eses Raparigos que cumpren agora 50 anos repasaron pezas de Rogelio de Leonardo Bouza coma “As mozas de Braíño” ao estilo desta formación: sincronizado e “polo libro”. Deseguido, Carlos Beceiro e os amigos e compañeiros nos Cempés Óscar Fernández e Serxio Ces agasallaron coa peza á filla de Tonecho “Polca para Erica” e a “Jota das Fontes“, disque inspirada na filla e a compañeira. Tamén mudaron a letra das súas clasicas “Mazurcas” para lembraren a figura do Tonecho. Todo sen tristuras nin solemnidade, como querería o compañeiro.

A parte final chegou coa volta ao escenario desa formación ferrolá coa que se sentía próximo dado o seu amor e resistencia (máis de 100 anos!) pola cultura do país. O Real Coro Toxos e Froles devolveulle o “Alalá das Mariñas” en lembranza dunha ocasión na que colaboraran e, para rematar, unha “Foliada de Cercedo” con todos os invitados. Ante a ovación do público, este acto sinxelo, próximo e fermoso, ofreceu unha “improvisada” “Foliada de Corrubedo”.

Pepe Cunha, 12-marzo-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo