portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
21/11/2018
Sumrrá "Seis mulleres"
16/11/2018
María Arnal i Marcel Bagés no Teatro Colón, 15-novembro-2018
Tangata "30 años"


Os nomes do proxecto e o disco son claros: 30 anos interpretando tango. Interpretando máis ao vivo e en ensaios ao vivo porque esta formación vencellada a Redondela é máis de concertos que de gravar no estudio. Por isto, a súa discografía é pequena: “Como en octubre” (1998), “Trece” (2000) e “Calambre” (2007). Para aumentala e de paso rexistrar a súa experiencia ao vivo, este seu cuarto disco foi gravado no Teatro Municipal de Pontevedra os días 29 e 30 de maio de 2017. Alí non puido estar a violinista Laura Quintillán, canda os habituais Artigas Anelo no bandoleón, Alberto Vilas no piano, David Veiga no violín e Gustavo Barcia no contrabaixo, pero si o último instrumento en unirse: a voz de Enrique Migliarini.

Estes músicos reputados seguen a dar a súa visión musical dun xénero que desde o popular chegou ao público internacional e tamén á escena "culta". Como apuntan no disco, "el nombre es siempre Tango para nuestra imaginación, nuestros arreglos, la rigurosidad de nuestro empeño por procurar beleza ... Nuestra manera". De autores máis clásicos a máis modernos ou innovadores, algúns destes títulos son facilmente recoñecibeis mesmo para persoas non moi seguidoras do xénero: "Naranjo en flor", "Melodía de arrabal". "La cumparsita" ou a mítica "El día que me quieras" que pecha o álbum por todo o alto coa colaboración especial de Uxía Senlle.

Séntense e saboreen estes tangos, milongas ou valses interpretados coa balanza decantándose algo máis polo lado do purismo e a elegancia que o da experimentación e a sorpresa. Polo menos nas primeiras escoitas.

Pepe Cunha, 26-febreiro-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo