portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/05/2018
O Revenidas (17, 18 e 19 de agosto) incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba
12/05/2018
máis de vinte convidadas na xornada Mulleres e Música o sábado 19 de maio no Teatro Colón da Coruña
11/05/2018
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018
11/05/2018
mercedes peón "déixaas"
09/05/2018
Ribeiro Son de Viño presenta o cartel da súa V edición: O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca
09/05/2018
PortAmérica 2018 pecha o seu cartel con Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero
Santero y los Muchachos “Ventura”


Hai discos de debut nos que non tardas en apreciar que chegan de músic@s curtidos. As cancións e as sonoridades veñen maceradas, traballadas con tempo, coas cousas claras e sen présas. No caso desta banda valenciana a "voz cantante" lévaa Miguel Ángel Escrivá, que militaba como baixista en La Pulquería. Comezou compoñer cancións máis repousadas que podían quedar coma pezas de cantautor pero que orixinaron este proxecto de banda de corte pop-rock. Chegados de proxectos como La Pulquería, Madnoise, Obrint Pas, Absenta ... , Joseman Escriva (guitarras), Soni Vicent (guitarras) e Marc Guardiola (batería e percusións) consolidan esta formación que se presentou en 2015 co EP "Buenos y malos".

Agora recuperan esas cancións e suman até 13 nunha proposta para padais con querencia polos nomes clásicos, anglosaxóńs e hispanos, dos 50, 60 e 70. Esas referencias sumadas a influencias populares románticas latinas teñen en "Amigo infiel" e"Ventura" a súa mellor conxunción e cumios da colección. Os coros e as melodías mandan nunhas cancións variadas estilisticamente e que sonan tranquilas, elegantes, cálidas, desas que se van deixando querer por non resultar pretenciosas. Segundo eles, son personais e un interpreta que falan da sorte e as ganas de vivir ("Aún"), a vinganza ("Gusano"), o amor ("Ventura","Déjame ser"), a morte ("Esté donde esté"), as horas golfas ("Homenaje"), as viaxes ("No te despidas de México"), certo grao de denuncia ("Buenos y malos") … e as sentidas homenaxes a amizades "Dani Boy"e "Relax, vaquero".

Ao igual que non teñen présa por agradar o causar sensación, chaman a unha escoita relaxada: "É un bo disco de estrada". Este "rock repousado" do que falan non significa en absoluto que as cancions non resulten intensas. A intensidade non vén só da distorsión e eles téñeno claro. Non esperes sorpresas estilísticas, pero si cancións ben acabadas, auténticas. Seguindo eses cánones que sobreviven ás modas entendemos ese nome de Santero coa crenza no rock, a música e esas iconas referentes, pois atopamos pegadas desde Elvis, Beatles, Cash ou Brincos até Sabina, Santiago Auserón, Los Rodríguez, Lichis ou Bunbury por atrevérmonos a citar só algunhas entre unha morea delas.

Pepe Cunha, 16-febreiro-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo