portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/09/2018
Cantos na Maré inicia unha nova etapa cun festival que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
19/09/2018
American Autumn Son Estrella Galicia pecha o cartel da súa X edición en Ourense, Madrid, Coímbra e Santiago de Compostela.
13/09/2018
Hoxe sae á venda 'Cuadrilla de Pepa a Loba' o libro que conta os 25 anos de historia de Heredeiros da Crus
06/09/2018
comunicado das Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo sobre o acceso ás salas de música ao vivo sobre o acceso de menores de idade ás salas de concertos galegas
06/09/2018
Tanxugueiras "Tanxugueiras"
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
Volve o proxecto de sesións musicais acústicas en galego: as Sesións Destelo


nota:

Tralo éxito acadado nunha primeira tempada na que participaron seis agrupacións musicais do máis diversas, este venres comeza unha nova etapa na que outras tantas bandas con letras en galego interpretarán os seus temas en lugares do máis peculiares.

O vindeiro venres 16 de febreiro terá lugar o lanzamento do primeiro dos vídeos, o da cantautora MJ Pérez. Trátase dunha interpretación moi especial gravada entre a néboa dunha mañá de inverno en Arzúa, un panorama ideal para presentarnos a Casandra. Logo desta estrea iranse dando a coñecer, paseniño, os outros proxectos participantes: ben seguro sorprenderán a máis de unha! :)

A segunda tempada: de febreiro ata abril (polo menos!).
Tal e como fixemos na primeira tempada iremos estreando unha nova sesión cada dúas semanas. Cinco das actuacións que conforman este novo ciclo xa están gravadas, pero hai algunha máis pendente de realizar; non se descarta que na segunda temporada se supere a cifra dos seis vídeos que compuxeron a primeira.
Entre sesión e sesión tampouco estaremos quedas: iremos publicando nas redes do proxecto contido audiovisual adicional, así como tamén o xa tradicional, como se fixo no que se amplía a información de cada un dos grupos participantes e da sesión correspondente.

Hai oito meses Alberto Busto abría o proxecto, e dende entón todo foron boas noticias. As críticas recibidas animáronnos a seguir adiante coa realización duns vídeos que hoxe suman xa máis de 2.500 reproducións e que trouxeron a máis de 1.500 usuarios únicos polo sitio web. Con estes datos témolo claro: a música en galego interesa, e queremos ser un dos seus altofalantes, a escusa para que a xente se achegue a ela. Cada vez son máis os grupos que queren saír do ourizo!

As sesións des sempre... con algunhas novidades!
MJ Pérez nas Sesións Destelo
A premisa segue sendo a mesma: dar a coñecer dunha maneira simple e directa, sen grandes artificios, bandas e solistas que fan música en galego. Por iso, nesta segunda tempada continuamos coa idea de achegar propostas musicais variadas en lugares nos que non é habitual ter música en directo, sitios curiosos que funcionan de perfecto envoltorio para acordes e melodías na nosa lingua.

Un proxecto cultural por e para internet.
Sesións Destelo é un proxecto sen ánimo de lucro que ten como obxectivo facer promoción dos proxectos musicais que inclúen cancións en galego no seu repertorio para así poñer en valor a lingua propia fronte á inxente cantidade de medios de comunicación que non programan música no noso idioma. É un produto dos nosos días, nacido para ser publicado na rede e que outorga moita importancia tamén á comunicación nas mesmas, por iso estamos presentes en Facebook, Twitter, Instagram ou mesmo LinkedIn.

Máis información:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo