portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/08/2019
Xosé Miguélez "Ontology"
09/08/2019
Saen á venda as entradas para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar. 7 e 8 de setembro, Vigo. Con Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e ...
09/08/2019
O Festival Jazz de Ría confirma a programación da súa 3ª edición
09/08/2019
Silvia Penide "El efecto boomerang"
06/08/2019
A solidariedade e a presenza feminina transversal na programación, sinais de identidade do Revenidas 2019
06/08/2019
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo
regreso esperado de Los Reyes del KO, Auditorio de Ferrol, 9-febreiro-2018


Anos despois, Los Reyes del KO volveron a Ferrol, desta vez no Auditorio. O regreso do proxecto conxunto dos tremendos guitarrista e vocalista Adrián Costa e o harmonicista Marcos Coll non defraudou; iso si, tras unhas dúbidas iniciais talvez debidas a algún problema de son e a "formalidade" do recinto. Estes composteláns son máis das distancias curtas, da proximidade cun público en pé ao que ofrecer o seu blues en sentido amplo e cunha dose notábel de espectácul.. E iso é o que recibimos nunha actuación de 2 horas.

Nesta xira de regreso contan cunha formación de moitos quilates: o pianista alemán Chris Rannemberg (produtor do seu estupendo disco "Hot Tin Roof"), o baterista de Missouri Julian Vaugh e desde Barcelona o baixista David Salvador. Repasan ese repertorio seu dalgúns temas propios e moitas versións convincentes: "Born in Santiago", "The Way You Make Me Feel", "Cool Cool Mama", "Young Boy Blues" (que ben cantado por Costa!) , "Si me quieres", "Divin" Duck"... e o auditorio acabou bailando reggae e ska coas lecturas de "La paloma".

Si, seguen en forma coma dúo tras uns anos con cadanseus proxectos e colaboracións. Moitas táboas e bo facer para que a recomendación siga a ter vixencia.

Pepe Cunha, 10-febreiro-2018






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo