portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/11/2018
Santi Araújo "Catedral"
29/10/2018
Anxo Lorenzo "Vórtex"
28/10/2018
Jane Birkin engaiola interpretando Gainsbourg no ciclo Voces, Pazo da Cultura de Pontevedra, 27-out-2018
26/10/2018
reedición 50º aniversario do álbum "The Kinks Are the Village Green Preservation Society"
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
Fernando Barroso “Live at Silence Lovers Club”


Tras apreciar o seu traballo máis ou menos protagonista nas cordas pulsadas e na produción de moitos proxectos musicais, “Intropía” (2012), primeiro disco en solitario deste ferrolán, encantounos pola súa variedade estilística, instrumentación, colaboracións e matices. Porén, esa complexidade privounos talvez de gozalo ao vivo. Semella que iso non vai acontecer con este directo baseado na mandolina e coa compaña do violoncello de Margarida Mariño.

El mesmo comenta que "a idea era crear un repertorio de directo cun instrumento que me permitise versatilidade, interpretar melodías protagonistas, pero que ao mesmo tempo tivera recursos rítmicos e harmónicos para poder acompañar. Pensei na mandolina, da que sempre gostei". Mantendo relación co anterior disco, as pezas seguen a estar inspiradas por unha variedade ampla de autores, estilos, latitudes e épocas, clásicas ou contemporáneas: swing/jazz, música persa, barroco ... e tamén a música máis popular, sempre amosando o seu virtuosismo e agora descubríndonos o de Mariño e a compenetración entre ambos.

Tendo en conta que non é habitual, nin doado, escoitar do tirón un disco case totalmente instrumental e de pouca instrumentación, aplicado en doses e cun mínimo de atención, este resulta ben pracenteiro e inspirador de emocións e sensacións varias. Ademais, cara unha boa predisposición, temos o deseño de Marta Guijarro, as ilustracións de Raquel Gu, a cita do "Eloxio ao Silencio" de Marc de Smedt e notas introdutorias sobre a inspiración para cada unha das 12 pezas: Albert Einstein ("MR.E"), o amor coma un lóstrego (“Little Ginger”), viaxes (“Big Distance”), Django Reinhardt “(D-Swing”), banda sonora de filmes (“Bellboy Tune” ) ... E coma novidade, Barroso anímase a cantar en “Barqueirinho” coa mencionada Margarita e coa encantadora Celina da Piedade en ”Ausencia”, onde a alentexana achega tamén o seu acordeón.

Pepe Cunha, 05/02/2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo