portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"
10/10/2018
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018
04/10/2018
Sondeseu "Beiralúa"
01/10/2018
Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, 6 e 7 de outubro, Vigo.
28/09/2018
á venda as entradas para todos os concertos do Cantos na Maré, que terá lugar do 11 ao 14 de outubro en Pontevedra
Sinsalaudio presenta "Variacións sobre Martín Códax", un espectáculo dirixido por Ulobit. 20.30h, Museo do Mar de Galicia (Alcabre, Vigo)


nota

Variacións sobre Martín Códax: o trío Ulobit convídanos a entrar nas sete cantigas cun espectáculo de son, video, palabra e movemento

A batería Lucía Martínez, o clarinetista Fernando Abreu, a bailarina Anxela Blanco e a cantante Alba María, artistas convidados no concerto do venres 2 de febreiro no Museo do Mar de Galicia ao redor do Vindel

Con “Variacións sobre Martín Códax”, arrancan as propostas musicais ao redor do Pergamiño Vindel, que servirán para despedir este documento-tesouro que no mes de marzo remata estadía no Museo de Mar de Galicia. En Sinsaludio estamos moi contentos de que a consellería de Cultura confiara en nós para coordinar dúas destas propostas. O venres 2 de febreiro ten lugar o espectáculo dirixido polo trío Ulobit na lonxa do museo situado en Alcabre (Vigo) no quer queren achegarnos ás cantigas cunha visión dos nosos días; un mes despois será a quenda do espectáculo “O primeiro elepè vigués” no Teatro A Fundación de Vigo.

“Variacións sobre Martín Códax” xunta a un grupo diverso de artistas para facer unha reinterpretación musical das sete cantigas de Martín Códax contidas no Pergamiño Vindel. Trátase dunha proposta única arredor destas composicións da literatura medieval galego-portuguesa, creada polo trío Ulobit. Un concerto inmersivo onde son, vídeo, luz, movemento e palabra ofrecen unha visión actual sobre os textos e as músicas do pergamiño.

Os artistas convidados son a bailarina Ánxela Blanco, a cantante Alba María, a percusionista Lucía Martínez e o clarinetista Fernando Abreu. Elas, xunto coa zanfona de Ariel Ninas, a electrónica de Xoán-Xil López e a creación videográfica de Horacio González, compoñentes do trío Ulobit, traerán de volta as creacións do trobador medieval nunha mestura de música, canción, danza e espectáculo audiovisual.

O concerto ten lugar o venres 2 de febreiro, ás 20.30 h na sala da lonxa do reloxo, no Museo do Mar de Vigo. Estades convidados aínda que con capacidade limitada: a entrada é gratuíta pero tedes que reservar os vosos sitios no Museo do Mar de Galicia: tel 986 247 750.

O primeiro elepé de Vigo
Si, dese xeito poderiamos definir tamén o Pergamiño Vindel. Trobadoras e trobadores locais e do resto de Galicia serán os encargados de poñer voz e melodía nesta homenaxe ao “primeiro elepé vigués” o próximo 3 de marzo. Lydia Botana, Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza, Víctor Aparicio, Iván Ferreiro e Amaro Ferreiro, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Eladio Santos, Wöyza, Patricia Moon e Lucía Martínez (Agoraphobia) forman o cartel deste concerto. No Teatro A Fundación de Vigo, 3 marzo, 21h. Entradas xa á venda en ataquilla.com.






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo