portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/02/2019
CUAC FM. Continua a disputa legal: A Xunta de Galicia presenta recurso de Casación ante o Tribunal Supremo
14/02/2019
Los Radiadores "Puño en alto"
12/02/2019
o Revenidas desvela as primeiras confirmacións do seu cartel para este 2019
11/02/2019
Sinsal SON Estrella Galicia, do 25 ao 28 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela)
06/02/2019
Budiño "Fulgor"
01/02/2019
Dead Combo no Selección Noroeste, Teatro Colón, A Coruña. 31-xaneiro-2019
Doctor Divago “Complejo Alquería Frailes 13”


Desde hai máis dunha década, recibir un álbum desta banda valenciana significa atoparse con cancións salientabeis nos parámetros e a tradición do mellor pop-rock clásico. Xa pasan dos 25 anos, como celebraron a finais de 2014 co estupendo recompilatorio e documental ”Especial de la casa”, pero talvez nos últimos tempos é cando a súa obra amosa un acabado máis brillante. Sempre alleos a modas e recoñecemento popular, os Divago seguen por libre, ao seu ritmo, constantes, medindo ben os pasos para non entregaren calquera cousa. Quen agardamos novas cancións confiamos no seu traballo e sabemos que paga a pena esperar; que non imos quedar coa primeira impresión e apreciaremos os matices coas escoitas.

E iso volve pasar con este décimo segundo álbum, titulado en homenaxe ao local de ensaio onde a banda redondea as cancións de Manolo Bertrán. Todas as características da banda están sobradamente maceradas desde hai tempo coa complicidade do produtor Dani Cardona: un son estimulante, sólido e elegante (solos vibrantes de guitarra, harmónica, batería, baixo e coros) e os xeitos dun vocalista e escritor convincente ... pero non deixan de presentar algunha novidade sonora, neste caso os aires soul - rhythm and blues - Motown en “Al cuarto día” ou “Aún queda vino”. Tiran do punk, o rockabilly, o power pop ... e non falta unha letra sobre boxeo como “El tercer hombre en el ring” (o selo que comparten con Los Radiadores de Raúl Tamarit colle o seu nome do boxeador arxentino Bonavena).

“Complejo Alquería Frailes 13” amosa todos os puntos fortes da banda, polo que estamos ante unha introdución perfecta a ela se prescindimos da obviedade dun “grandes éxitos”. Contén cancións notabeis (“El humor”, “Engáñame”, “Todas los cielos son la misma vida” ... ) ou sobresaíntes (“Los pies en la tierra”, “El viaje largo”, “Al cuarto día” ...), con obsesións persoais, reflexións ou metáforas da realidade, ás veces enigmáticas, outras máis directas, pero nunca obvias. Se había dúbidas tras as celebracións, quedan disipadas cun dos seus mellores discos. Talvez o mellor porque é o último, pero o tempo dirá. E o harmonicista Chumi volve marcarse un deseño dos que molan.

Pepe Cunha, 31-xaneiro-2018



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo