portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/02/2018
o festival A Candeloria chega á súa V edición cun día máis de programación e máis presenza feminina
19/02/2018
debut fermoso de Natalia Lafourcade na Galiza, Auditorio de Ferrol. 18-febreiro-2018
16/02/2018
Santero y los Muchachos “Ventura”
15/02/2018
Volve o proxecto de sesións musicais acústicas en galego: as Sesións Destelo
10/02/2018
regreso esperado de Los Reyes del KO, Auditorio de Ferrol, 9-febreiro-2018
11/02/2018
The Gramophone Allstars Big Band “Maraca Soul”
o festival A Candeloria chega á V edición. 22 ao 24 de febreiro en Lugo.


nota:

O FESTIVAL A CANDELORIA CHEGA Á SÚA 5a EDICIÓN CUN DÍA MÁIS DE PROGRAMACIÓN E MÁIS PRESENZA FEMININA.
Celébrase do 22 ao 24 de Febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de LUGO.

A CANDELORIA é xa un referente estatal no que se refire a festiváis de rock, sendo a proposta máis destacada do noroeste peninsular. Desde a primeira destas 5 edicións e grazas á escolla da data, descentralizando a actividadefestivaleira dos meses de verán, consolidáronse xa como unha cita imperdible.

Neste 2018, xunto ás grandes bandas internacionáis como NO FUN AT ALL, SATANIC SURFERS, DUBIOZA KOLEKTIV ou GBH, destacan na programación e sempre ao mesmo nivel, as mellores bandas galegas e estatáis.

No cartel desde ano auméntase tamén a presenza de mulleres encima do escenario con bandas de primeiro nivel, atendendo a unha reivindicación necesaria sobre todo nos festiváis de rock, onde a presenza feminina é sempre (e inexplicablemente) moi inferior. Agoraphobia, Bala, Sés ou Mafalda como pratos fortes.

Para esta edición vense mellorados non só aspectos relacionados coa programación, se non coa filosofía que rodea ao festival. Así, como novidades destacamos as melloras nos cuidados do medio e o tratamento do lixo, coa incorporación dos vasos ecolóxicos. Tamén na parte gastronómica, haberá por primeira vez unha mellor oferta de menús veganos e aptos para celíacos.

ENTRADAS
Abonos desde 35€ á venda a través da web do festival.
AUTOBUSES
desde Vigo e Coruña
ACAMPADA, FEIRA e máis. Toda a información na web https://acandeloria.org/

SATANIC SURFERS (Suecia)
Tras a súa disolución en 2007, a banda formada en Suecia no 1989, volveu aos escenarios no verán de 2015, pasando, entre outros, polo Amnesia Rockfest ou o Resurrection Fest. As súas influencias pasan por bandas como The Misfists ou Hard-on cun marcado estilo surf-punk.
facebook.com/satanic.surfers.official

GBH (Inglaterra)
Once álbumes de estudio avalan a reputación desta veterana banda pioneira do "hardcore punk" inglés nada en Birmingham no ano 1978. O seu paso polo noso país está dentro da súa xira Momentum Tour 2018 presentando o seu novo álbum homónimo, publicado en Novembro do 2017.
facebook.com/GBH.official

DUBIOZA KOLEKTIV (Bosnia)
Famosa pola súa innovadora mestura de estilos como o hip-hop, dub ou rock co folclore bosnio, a formación nace da urxente necesidade de dar voz aos problemas propios da realidade social na castigada rexión dos balcáns.
facebook.com/search/str/dubioza+kolektiv

RUSSKAJA (Austria)
Russian turbo polka metal, deste xeito autodefínese esta banda vienesa de ska punk que conxuga o ska coa polka ou o folclore ruso.
facebook.com/search/str/russkaja

NON SERVIUM (Madrid)
Dende 1997 facendo Oi! A banda de Móstoles é un dos maiores referentes do brutal Oi! de temática antifascista do Estado Español.
facebook.com/NonServium

NO FUN AT ALL (Suecia)
A cabalo entre o máis puro punk do estilo dos Sex Pistols e o hardcore melódico tan característico na súa terra. Fundada en 1991 por Jimmie Olsson, quen, máis tarde, fundaría Sober.
facebook.com/pg/nofunatallofficial

NARCO (Andalucía)
A célebre banda pasará por Lugo presentando o seu novo disco de estudio "Espichufrenia". Desde que Jesús Arispont (Def Con Dos) os apadrinara nos seus comezos en 1996 e tras oito álbumes, apréciase a evolución estilística do grupo que, sempre fieis ao rap metal que os vira nacer, foi conxugando variedade de estilos, como trash, metal industrial, etc.
facebook.com/los.narco.oficial

DESAKATO (Asturias)
Frenético e contundente punk astur dende 2003.
facebook.com/desakatorock

MAFALDA (País Valencià)
Grupo de funk con pinceladas de ska, reggea e hardcore, que eles denominan "reggearcore". As súas letras teñen unha forte carga política e combativa.
facebook.com/mafalda.banda

SES (Galiza)
Pouca presentación precisa esta cantora que arrasa co seu discurso en todos os escenarios galegos.
http://ses.gal

SKAMA LA REDE (Asturies)
Rock astur ao máis puro estilo Dixebra e Los Berrones. Mesturan o punk e o ska con reggea ou folk. Dende 2003 empregando unicamente a llingua asturiana.
skamalarede.com

HUNTZA (Euskadi)
Nesta banda conflúen o mundo da trikitixa, a música tradicional, o pop-rock e o ska bailable.
facebook.com/huntzaofficial

BALA (Galiza)
Como elas mesmas se definen, Bala son Anxela (guitarra) e Violeta (bateria) facendo moito ruído que lembra a moitas cousas (grunge e punk) pero non é ningunha en concreto.
facebook.com/somosbala

CRIM (Catalunya)
Punk rock con influencias como Social Distorsion ou Leatherface.
facebook.com/CRIMTARRAGONA

APHONNIC (Galiza)
Metalcore melódico e metal alternativo desde Vigo.
facebook.com/aphonnic

MACHINA (Galiza)
Metal e hardcore desde Cerceda.
machinagz.bandcamp.com

TRUE MOUNTAINS (Galiza)
Punk Rock acústico con guitarra e contrabaixo.
truemountains.com

HABELAS HAINAS (Galiza)
Gaita, acordeón, percusión e voz que nos farán bailar. Presentan o seu disco “Livres e loucas”.
facebook.com/habelas.hainas.96

AGORAPHOBIA (Galiza)
Desde Boiro, unha das grandes revelacións do rock. Este ano sen dúbida é o ano Agoraphobia, confirmadas xa nos mellores festivais de verán tanto na Galiza como no resto do estado.
facebook.com/agoraphobiaband/

AS PUNKIERETEIRAS (Galiza)
O que empezou sendo un obradoiro de pandeireta e canto tradicional que se levaba a cabo no CSA O Fresco (Ponteareas), converteuse nun arma de loita e reivindicación coa cal expresan as inxustizas con toques de humor.
facebook.com/pg/punkiereteiras

ARREMECÁGHONA MONOBANDA (Galiza)
Unha das caras do sempre xenial Leo i Arremecághona (Labregos do tempo dos Sputniks, etc.).

O PUTO CORO DO EXÉRCITO FROILANISTA (Galiza)
Banda oficial do Partido Froilanista cuxa Sacra Misón é voltarlle a coroa ao Reino de Galiza a Don Froilán III no trono de granito.
facebook.com/parido.froilanista



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo