portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
Festa “Inscripción ó XI Concurso de Maquetas Millo Verde”. 24 de marzo, Redondela.


nota:

Festa “Inscripción ó XI Concurso de Maquetas Millo Verde”
24 de Marzo de 2017 // Antiga Feira do Gando (Redondela)

A Asociación Millo Verde abre por un ano máis a convocatoria para o seu XI Concurso de Maquetas, un certame que busca ofrecer unha oportunidade a
novas propostas musicais, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais.
As bandas poden presentar, ata o 15 de Febreiro, no correo electrónico concursodemaquetas@gmail.com, un conxunto de tres cancións en formato
mp3, sexa por enlace a unha páxina de descargas ou adxuntos ao propio mensaxe (ATENCIÓN: non se admiten enlaces a páxinas en streaming). Do total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa-concerto o 24 de Marzo que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela.

Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 300€ e formará parte do cartel do XII Festival Millo Verde, que terá lugar en
Redondela os días 7, 8 e 9 de Xuño de 2017, mentres o segundo finalista percebirá unha recompensa de 100€. Os gañadores serán anunciados por nota de prensa, na páxina web do fetival (www.milloverde.org) e nas redes sociais.
En anos anteriores os organizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no concurso.

Información xeral do Festival Alternativo Millo Verde

7, 8 e 9 de Xuño de 2017

O Millo Verde é un festival de música e artes alternativas sen ánimo de lucro e totalmente gratuito que se ven celebrando dende o 2007, tendo sempre como prato forte a celebración dos concertos durante a fin de semana. Nestes xa participaron bandas do calibre de Kumpania Algazarra, Alice Francis, Dios ke te crew, Fuel Fandango, Ché Sudaka, Talco, The Anomalys, Blasted Mechanism, ou Vinila Von Bismark cunha asistencia que nos últimos anos ronda as 5.000 persoas durante todo o fin de semana.
O festival tamén organiza actividades para todo tipo de públicos, como obradoiros ou contacontos para nenos, e actividades de outra índole coma Eskalabirras, Jam Graffitti, Basket 3x3, Danza Africana, Artistas de rúa... A éstas actividades típicas do festival sumaranse outras novidades que se irán
coñecendo máis adiante.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo