portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
hoxe sae á venda o segundo disco de Fernando Barroso, "Silence Lovers Club"


nota:

Hoxe sae á venda en tendas físicas e en plataformas dixitais o segundo disco en solitario do ferrolán Fernando Barroso, que ten acompañado a músicos como Xabier Díaz ou Budiño. ‘Silence Lovers Club - Mandolin Pieces’ é un traballo dedicado á mandolina na que o acompaña ao violoncello Margarida Mariño.

‘Silence Lovers Club – Mandolin Pieces’ é un repertorio orixinal de doce temas para mandolina, acompañado polo violoncello. A música deste traballo vén inspirada tanto por compositores clásicos doutras épocas, como por instrumentistas actuais de diferentes estilos e lugares do mundo. Fernando Barroso, céntrase na mandolina neste disco, para compoñer pezas que van desde o swing/jazz, pasan pola música persa ou barroca, e rematan poñendo un pé na música popular. No disco deste virtuoso músico tamén participa a cantora portuguesa Celina da Piedade.

Segundo o ferrolán, “a idea era crear un repertorio de directo cun instrumento que me permitise versatilidade, interpretar melodías protagonistas, pero que ao mesmo tempo tivera recursos rítmicos e harmónicos para poder acompañar. Pensei na mandolina, da que sempre gostei”. A raíz de aí, comeza a traballar no instrumento e a crear un repertorio orixinal, compoñendo as pezas que formarán o disco. “As melodías naceron pensadas con arranxos para violoncello, así que chaméi á violoncellista viguesa Margarida Mariño, coa que fun pechando o repertorio nos últimos meses”. O disco gravouse a finais de 2017 despois dalgúns concertos previos, entre eles o Festival Internacional de Mandolinas da Madeira.

Sendo un repertorio orixinal, ten trazas de folclore, música clásica, ou persa. A influencia de algúns grandes instrumentistas e compositores aparecen plasmadas no disco. Mais logo tamén aparecen petiscos de música popular, e inclúe un par de pezas cantadas dentro dos 12 cortes. Unha delas coa colaboración no acordeón e voz de Celina da Piedade. (“Ausencia").

O álbum aparece ilustrado como a presentación dun espectáculo, nunha hipotética sala de música ao vivo. Coa intención de mostrar un formato 100% creado para o directo e cunha estética entre o clásico e o swing. Na portada aparecen o nome da sala, en inglés, ‘Silence Lovers Club' e o nome do espectáculo ‘Mandolin Pieces'. E xuntos conforman o nome completo do disco.

Aproveitando a creación deste Clube imaxinario, Barroso dalle un nome que fai homenaxe ao silencio. Un concepto moi preciado, tanto na música, como no social. O Clube dos Amantes do Silencio é un lugar onde a xente gosta de evadirse do ruido social para escoitar bocados de música.

No interior do CD cóntanse algunhas anécdotas ou circunstancias relacionadas coa composición de cada peza. Pequenas historias que relatan de forma sintáctica a cronoloxía do proceso de creación da música. Alén diso, tamén aparece algún texto que fai mención ao silencio, como é o caso deste proverbio persa: “A area do deserto para o viaxeiro fatigado o mesmo que a conversa incesante para o amante do silencio”.

Fernando Barroso

Fernando Barroso (Ferrol, 1979) é un músico, compositor e produtor galego. Doutorado en Química-Física pola Universidade de Vigo en 2010, desde 2011 dedícase exclusivamente á produción musical e á participación en diferentes proxectos musicais en Galicia. Formou parte de TRIM e das bandas Riobó e Budiño, e ten colaborado con artistas do talle de Anxo Lorenzo, Xabier Díaz ou Julio Pereira. Tamén formou parte da lendaria banda paratradicional ferrolá Os Cempés na súa última etapa, tamén co- fundador do trío internacional Assembly Point con Eoghan Neff e Luís Peixoto. Con este último co-produciu outros traballos como ‘Pop’ (2013) ou ‘TRIM’ (2014), ademáis de producir discos para outros artistas (Andrés Penabad, RIU, Wanderer...). En 2016 tamén formou parte do laboratorio creativo NEXO, dirixido por Donald Shaw, con músicos de varios países de América e Europa.

A súa bagaxe internacional ao longo destes anos levoulle a tocar en importantes escenarios de todo o mundo, con diversas bandas e proxectos persoais, e que desemboca no inicio a súa carreira en solitario, presentando o seu primeiro disco ‘Intropía’ en 2016 e este novo traballo ‘Silence lovers club – Mandolin pieces’, con lanzamento en xaneiro de 2018. Entre outros galardóns recibiu recentemente o “Premio Opinión ao Mellor Artista Galego 2016”.

E podedes ver o videoclip do seu primeiro ‘single’, “O Barqueirinho”.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo