portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/05/2018
O Revenidas (17, 18 e 19 de agosto) incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba
12/05/2018
máis de vinte convidadas na xornada Mulleres e Música o sábado 19 de maio no Teatro Colón da Coruña
11/05/2018
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018
11/05/2018
mercedes peón "déixaas"
09/05/2018
Ribeiro Son de Viño presenta o cartel da súa V edición: O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca
09/05/2018
PortAmérica 2018 pecha o seu cartel con Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero
Magín Blanco "Camiños"


Magín non ten o que chaman “voz bonita ou dotada” nin canta cousas edulcoradas ou compracentes. El escrebe cancións que procuran estimular e enriquecer o público infantil e xuvenil e xa supera ben un lustro. Segue a cantar con naturalidade e desta vez ofrece unha variedade musical que serve como achegamento excelente ao mundo POP, así en grande e en xeral: rapea, baila pop dos 60, soul ou electrónica, non esquece a canción pop-folque, exerce de crooner coa Gallaecia Big-Band ... e ademais viste as cancións coa axuda de coros infantís e músicos fantástic@s: Guille Fernández, Javier Álvarez, Serginho Sales ... e Segundo Grandío axudando a lustrar na produción musical.

Xa nos ten entregado en discos anteriores un feixe de cancións de divertidas a emocionantes, pero probablemente este sexa o seu mellor traballo, así en conxunto. Ademais duns temas propios tan atinados como “Marcho que teño que marchar”, “Peixiños do mar”, “O amigo invisible”, “Meu avó ieié” ... engade unha marabilla de Héctor Lorenzo sobre texto de Valle-Inclán (“Paxariño novo”) e un instrumental precioso interpretado por Alberto Vilas e Isaac Palacín. De sinalarmos unha pega sería unha duración ás veces excesiva se pensamos na atención d@s máis pequen@s: só un corte baixa dos 4 minutos. Xa se verá.

Sen dúbida, as cancións son o núcleo, o máis importante, e non fallan, pero tamén cómpre animar desde o formato físico e ofrecer un produto completo. Unhas ilustracións fermosas de Leandro Lamas -esta vez en acuarela- volven cumprir máis que ben o cometido e ademais na parte de lectura “Camiños” tamén mellora o que nos ten entregado. “A nena e o grilo” e ”A nena e o grilo nun barquiño” xa contiñan prosa propia, pero agora as achegas en forma de contos e poemas veñen de verdadeir@s expert@s: Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

Unha preciosidade editada por Fol Música.

Pepe Cunha, 27-decembro-2017




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo