portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/01/2018
Turma Caipira "Bellis Silvestris"
18/01/2018
Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel e Bigott, primeiras confirmacións do Vive Nigrán
16/01/2018
hoxe sae á venda o segundo disco de Fernando Barroso, "Silence Lovers Club"
15/01/2018
Dous "A viaxe de Yoyo"
11/01/2018
A banda da loba “Bailando as rúas”
04/01/2018
Banda Crebinksy "Zirkus Affe"
Nastasia Zürcher “Beat”


Coñecina no I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, onde gañou o premio do público a mellor artista e canción orixinal. As connotacións ou esixencias que aínda temos adheridas á “canción de autor” esixían máis dos textos pero non podían eclipsar as súas coidadas voz e posta en escena. Co peso destas podería se converter noutro produto compracente tirando de versións ou outras compositoras, pero a galego-suíza amosa neste segundo disco que aspira a moito máis. Semella ter mente aberta ás músicas que vai (re)descubrindo, o que adoita levar á creación dun estilo propio.

Coa axuda cómplice na produción e arranxos de Adrián Saavedra, presenta dez temas propios nos que a súa voz voa libre polos estilos que lle apetece. E non só por ese R&B tan homoxéneo que nos rodea e semella feito para a caricia da súa voz cando se pon tenra: ”Ev’rybody Wants”. Xoga coa voz consciente de non abusar de “gorgoritos” innecesarios, achégase máis ou menos ao soul clásico, neo-soul, rap-soul, ritmos caribeños, urbanos ... e mesmo á canción tradicional en “Espertos”. Pode ser sensual, doce (“Délicieux”) e inquedante, como amosa nun dos mellores momentos: a colaboración co supertrío de máis-que-jazz Sumrrá en “Deepest Souls” . E sempre co ritmo e a percusión ben presentes, como apunta o título do álbum.

Nas letras abonda unha mensaxe vitalista algo “hippie” de positivismo e amor. E talvez neste apartado lírico é onde podemos esperar algo máis de variedade, un paso adiante no crecemento dunha compositora completa. O potencial e a actitude semellan inmensos e instinto para asesorarse tampouco lle falta, porque o traballo do propio Saavedra acáelle perfecto e ademais dos Sumrrá colaboran Pedro Lamas, Manuel Paino, Narci Rodríguez ... Un disco ben coidado e de escoita recomendábel, sen dúbida.

Pepe Cunha, 20-decembro-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo