portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/04/2018
Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC
19/04/2018
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música
16/04/2018
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"
13/04/2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío
13/04/2018
Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito e Che Sudaka súmanse ao SonRías Baixas 2018
11/04/2018
Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade
The Boo Devils "The Noble Art of Rock n"Roll"


Un combinado de rock and roll, rockabilly, psychobilly, country & western mollado por un chorro de actitude punk. Así poderiamos resumir a proposta desta banda madrileña que semella pegar o estirón co terceiro álbum. Comezaron no 2010, editaron xa dous álbumes ( "Act one" no 2012 e "Mala suerte" no 2014 ) e para o que nos ocupa contaron coa produción de Fernando Pardo (Sex Museum, Los Coronas, Corizonas ) e José María Rosillo coma enxeñeiro de son.

O quinteto ( Al Navarro, voz, guitarra, percusión; Joe Gabardo, guitarras, harmónica, coros; Diego The Kid, guitarras, cigar-box, banjo, lap steel; Magic Manoo, contrabaixo, coros, e Viki Larookie, na batería ) abre o disco coas composicións máis breves ou directas, para bailar falando de diversión, de beber de máis, bailar o venres pola noite: "Too Much Booze", "You Know, They Know" e "Friday Night". Pero á cuarta xa descubrimos a outra vertiente, a que nos leva a velocidade media por camiños cheos de pó, historias algo máis truculentas e máis matices instrumentais: "Dead Man Talking", "Old Skulls", "Hotspur", "Monster", "Love in Vain", favorita dun servidor canda a que pecha a ducia de cortes: "All the Pretty Things". Para facer do disco algo máis lucido contan con colaboracións punctuais aos coros, os teclados (Sergio Valdehita), os ventos (David Pardo, Sam Black e Kiko Moreno) e a voz de Virginia Maestro en "I Won"t Marry You".

"The Noble Art of Rock n"Roll" é un repaso feito con gusto e de manual polos diferentes estilos cos que a banda se identifica musicalmente e que defenden ao vivo con seguridade. Poucas sorpresas pero si unha dose axeitada de diversión e entretemento. "Always Looking to Memphis !".

Pepe Cunha, 28-novembro-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo